Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

30/09/21 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza os servizos de autobús entre a Coruña e Ferrol con ata 244 prazas máis cada día e traballa en novas melloras para atender o aumento da demanda

Na última semana os servizos reforzáronse cunha media de 125 prazas máis ao día entre semana, chegando ata as 244 o venres, que se suman ás máis de 3.700 ofertadas de xeito regular

30/09/21 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Portomarín o convenio de colaboración para mellorar o abastecemento ao núcleo de León, cun investimento de máis de 368.000 €

O Goberno galego financiará as obras cunha achega do 80% do orzamento, máis de 294.500 euros, contribuíndo o Concello co 20% restante, arredor de 73.600 euros

29/09/21 | 18:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez pon en valor a implicación decisiva e determinante da Xunta para facer realidade o Centro Vialia e a intermodal de Vigo

Vázquez Mourelle destaca que o complexo intermodal será o principal nodo de transporte por estrada do sur de Galicia, preparado para albergar a Alta velocidade

29/09/21 | 15:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez sinala o concello de Melide como exemplo da mala xestión das redes municipais de saneamento que prexudican os ríos e chama a apoiar a lei do ciclo da auga para achegar solucións

Salienta que Augas de Galicia xa xestiona a depuradora municipal de Melide pero as redes municipais de saneamento continúan en mans do Concello e reciben os vertidos industriais que acaban no río Furelos sen depurar

29/09/21 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 90.000 € a redacción de dous proxectos construtivos para reducir o risco de inundacións no río Anllóns en Carballo

Trátase dos proxectos para a remodelación da ponte da rúa Fomento e a canle e motas de contención augas abaixo; e para a demolición da ponte de San Martiño e da nova ponte da rúa Deza á rúa San Xoán Bautista

28/09/21 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/09/21 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta subliña a necesidade de mellorar o saneamento e a depuración das augas para atallar os case 270 vertidos contaminantes que aínda soportan as rías galegas

Vázquez Mourelle detalla que case a metade das depuradoras xestionadas polos concellos teñen deficiencias no funcionamento, o que supón vertidos ao medio

28/09/21 | 12:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras para a execución dunha senda peonil na estrada autonómica OU-195 ao seu paso polo concello de Pontedeva

A actuación, cun investimento de preto de 50.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e o obxectivo é tela rematada este mesmo ano

27/09/21 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada AC-524, ao seu paso polo concello de Frades

Para avanzar nos traballos é necesario o corte dun carril, regulándose o paso alternativo de tráfico polo outro

27/09/21 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez convida á participación social para enriquecer o Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025, pioneiro en España ao incorporar a visión cero vítimas nas estradas

Vázquez Mourelle salienta que o plan, que nace co obxectivo ‘ambicioso’ de acadar cero vítimas de tráfico nas estradas galegas, recollerá estratexias de países referentes na materia e afondará na colaboración con outras administracións