Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

13/10/21 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto construtivo da 1ª fase de mellora da estrada LU-651, entre Ferrería Vella e Seoane do Courel, que suporá un investimento de 3,38 M€

Esta actuación forma parte das obras proxectadas na vía que une o núcleo de Quiroga co de Seoane do Courel nas que a Xunta investirá máis de 10 M€, compatibilizando a mellora da súa funcionalidade e a seguridade viaria cos valores ambientais

13/10/21 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a concesión dunha área de servizo na autovía AG-53, entre o Alto de Santo Domingo e a A-52, cuxas obras suporán un investimento de máis de 3 M€

O contrato licitado hoxe inclúe a construción das instalacións, que contan cun prazo de execución de 12 meses, así como a xestión durante un período de 35 anos

13/10/21 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución das obras de mellora da estrada OU-154 ao seu paso polo Reino, no concello de Piñor, fará necesario un corte de tráfico desde hoxe

Para continuar avanzando nesta actuación será preciso restrinxir a circulación neste tramo desde este mércores e ata o vindeiro 25 de outubro

13/10/21 | 11:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para o día 25 de outubro as probas de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada ou ferrocarril

Os exames realizaranse na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago, cumprindo coas medidas de prevención fronte á covid-19

12/10/21 | 12:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
12/10/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta insta ao Concello de Vigo a remitir de forma urxente a documentación municipal necesaria para poder investir 1 millón de euros no saneamento de Teis

Augas de Galicia volve reclamarlle ao Concello que remita o certificado da aprobación do proxecto en Pleno, a posta á disposición dos terreos e a certificación da información pública, tal e como recolle o convenio de colaboración asinado a finais de outubro do pasado ano

11/10/21 | 14:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/10/21 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o decreto expropiatorio para a construción da nova vía de acceso ao Hospital Público Gran Montecelo, en Pontevedra

Executarase unha nova vía, de 830 metros, que terá inicio e final na actual avenida de Montecelo que dá acceso ao hospital e contará con catro glorietas

11/10/21 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras de renovación do firme nos accesos dos hospitais públicos de Lugo cun investimento da Xunta de 486.000 euros

Destaca que as actuacións permitirán mellorar a accesibilidade e a seguridade viaria nas contornas do Hospital Lucus Augusti, do Hospital de Calde, do Hospital Comarcal de Monforte e do Hospital da Costa

11/10/21 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución das obras de mellora do firme na PO-214 ao seu paso polo concello da Estrada fará necesario un corte de tráfico desde o mércores ata o venres

Este peche, entre os puntos quilométricos 10+900 e 13+32, é preciso para avanzar no acondicionamento do firme que se está a desenvolver en toda a lonxitude da vía