Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

20/10/21 | 17:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda cos concellos da comarca do Barbanza o reforzo dos servizos de autobús que conectan a bisbarra con Santiago de Compostela

Proponse a creación dunha liña con servizos directos entre a comarca e a capital galega, empregando a Autovía do Barbanza e a AP-9 para reducir os tempos de viaxe nas franxas de maior demanda

20/10/21 | 16:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada ao Ministerio de Transportes a súa preocupación ante o anuncio de implantación do pago por uso das autovías e urxe transparencia e diálogo coas autonomías

A Consellería de Infraestruturas insiste na necesidade de que o Goberno de España concrete o modelo de pago por uso de autovías que prevé implantar e teña en conta a súa repercusión nos territorios periféricos e no transporte de mercadorías

20/10/21 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza as liña de transporte público no concello de Fene para atender a demanda de estudantes do IES

A Dirección Xeral de Mobilidade reuniuse coa dirección do centro, coa ANPA e coa empresa concesionaria do transporte regular para acordar unha solución ás necesidades de mobilidade de todos os alumnos

20/10/21 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez adianta que a Xunta destinará o vindeiro ano 375.000€ ás obras para minimizar o risco de inundación no río Viladesuso, no Concello de Oia

Vázquez Mourelle explica que o obxectivo é incrementar a sección hidráulica da zona da ponte da Serra Seca e a protección do leito do río fronte á erosión, para reducir os efectos negativos dos asolagamentos nesta área

20/10/21 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza o gran esforzo investidor da Xunta en Pontevedra en 2022 con case 36 M€ para o hospital Gran Montecelo e 14 M€ para o saneamento da ría

Reitera o obxectivo de rematar as obras do novo hospital público antes do previsto no contrato, entre finais de 2023 e comezos de 2024, garantindo a asistencia sanitaria durante os vindeiros 50 anos dos veciños de 26 concellos

20/10/21 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arias di que as melloras da seguridade viaria en 36 puntos do Camiño estarán listas para recibir a maior afluencia de peregrinos prevista en 2022

O delegado territorial informou a representantes de asociacións das rutas xacobeas da provincia de Lugo sobre a marcha das obras que está a executar a Xunta para reducir a perigosidade en puntos conflitivos de 13 estradas lucenses

19/10/21 | 18:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta o proxecto do Plan municipal de abastecemento autónomo no concello de Oímbra, cun investimento de 150.000 euros

O obxectivo é dotar a entidade local de información sobre o nivel de garantía do abastecemento de auga potable á súa poboación e dun instrumento de planificación para a mellora da prestación deste servicio, de competencia municipal

19/10/21 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da estación de autobuses do Grove

Os traballos, cun prazo de execución de dous meses, suporán un investimento autonómico de máis de 48.000 euros

19/10/21 | 14:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez adianta que a Xunta destinará o vindeiro ano 1,15 M€ á ampliación da rede de saneamento de Padrón

Vázquez Mourelle avanza que os Orzamentos da Xunta do vindeiro ano inclúen, ademais, unha partida de 1,43 M€ para a redución do risco de inundación nos ríos Ulla e Sar

19/10/21 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta investirá o vindeiro ano 2,7 M€ na mellora do abastecemento de Teixeiro e do polígono industrial de Curtis

Executarase unha nova captación de auga para o abastecemento e ampliarase a estación potabilizadora para servir a unha poboación de preto de 5.200 habitantes no ano horizonte 2042