Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

24/10/21 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para a urbanización da 1ª fase do Plan director do complexo hospitalario de Ferrol, que suporá un investimento de preto de 910.000 euros

As obras, que se prevén iniciar no primeiro trimestre do vindeiro ano, teñen por obxectivo dotar de acceso viario o exterior da planta soto -2, proxectada na reforma deste complexo hospitalario universitario

24/10/21 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedra

Iniciaranse estas tarefas na estrada LU-751, nos municipios de Meira e de Ribeira de Piquín; na OU-536 en Ourense; na OU-402 ao seu paso polos concellos de Ourense, de Barbadás e de Castrelo do Miño; e na Variante de Vilagarcía VG-4.7, que une Carril e Baión

23/10/21 | 11:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a renovación do saneamento no núcleo de Enxames, en Vilardevós

Os traballos, que suporán un investimento autonómico de máis de 17.000 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses

23/10/21 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa novos traballos de reforzo da seguridade viaria na estrada LU-633 en Triacastela, no treito coincidente co Camiño Francés

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a levar a cabo melloras no cruzamento da ruta xacobea coa vía autonómica, no punto quilométrico 27+580

22/10/21 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta a partir do luns os horarios dos autobuses entre O Barco de Valdeorras e A Gudiña para coordinalos cos servizos de tren a Madrid

Os veciños da zona disporán dun autobús con saída do Barco de Valdeorras ás 6,50 horas, adaptado ao tren que pasa pola Gudiña ás 8,24 horas

22/10/21 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e os concellos afectados acordan analizar o impacto de aplicar o modelo de bonificacións da AP-9 na autoestrada Santiago-Ourense e trasladar a demanda ao Ministerio de Transportes

Vázquez Mourelle explica que se avaliará aplicar na AP-53 as bonificacións que hai na AP-9, coa volta gratis para vehículos lixeiros que regresen en 24 horas; a redución do 20% adicional para os que fagan 20 viaxes ao mes; e do 20% para vehículos pesados

22/10/21 | 13:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta instala o novo sistema de contención da fauna na vía de altas prestacións CG 2.2, á altura do Corgo

O delegado territorial de la Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou que as obras entran na recta final coa colocación da malla de seguridade e estarán listas no prazo aproximado de dous meses

22/10/21 | 11:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de construción da nova senda na estrada AC-214 entre A Xira e Cambre

As novas actuacións de fomento da mobilidade sostible e de mellora da seguridade viaria contan cun investimento autonómico de máis de 585.000 euros

21/10/21 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca que a Lei do ciclo da auga ofrece aos concellos un novo modelo de xestión voluntario para mellorar os servizos e o coidado ambiental

A responsable de Augas de Galicia reitera que a Lei non leva aparelladas novas taxas e se limita a reordenar as que xa existen, de aplicación só nos concellos que cedan a xestión dos seus sistemas de saneamento ou depuración á Xunta

21/10/21 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presentaralles aos concellos unha proposta completa de mellora das conexións de autobús entre A Coruña e Ferrol

Ignacio Maestro destaca que a Xunta esixiu solucións inmediatas á concesionaria para atender a repunta de usuarios derivada do inicio do curso escolar, o incremento da mobilidade laboral e das vantaxes que supoñen os bonos e a tarxeta Xente Nova, coa que viaxan de balde máis de 36.000 menores de 21 anos nestas áreas