Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

03/11/21 | 14:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete á participación pública o proxecto de recuperación ambiental para a depuración das augas residuais procedentes da mina de San Finx

Con este trámite séguese o procedemento establecido que debe superar o novo proxecto de depuración presentado pola empresa para garantir o cumprimento dos parámetros da calidade das augas para o vertido ao río Pesqueira

03/11/21 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pide a colaboración dos concellos, das deputacións e das confederacións hidrográficas na elaboración do novo Plan de saneamento de Galicia

Comezan os traballos de actualización desta ferramenta imprescindible ante o cambio climático, tanto para mitigar os seus efectos como para anticiparse ás ameazas dun escenario de seca

03/11/21 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o anteproxecto de ampliación da estación de tratamento de auga potable da marxe dereita da ría de Arousa, en Padrón

Trátase de actuar nas instalacións da rede de abastecemento en alta que subministran auga aos concellos de Boiro, Catoira, Dodro, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira, Valga e Vilagarcía de Arousa

03/11/21 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 253.000 euros as obras de mellora do saneamento na parroquia de Roimil, en Friol

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a nova infraestrutura estenderá o servizo aos lugares do Campo da Feira, O Pazo, Currás e A Penagateira

03/11/21 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 7 empresas presentan as súas ofertas para dotar de abastecemento ao núcleo de San Cristovo, en Paderne de Allariz, cun investimento de 245.000 €

Esta actuación enmárcase no convenio de colaboración asinado entre Augas de Galicia e o Concello de Paderne de Allariz o pasado mes de xuño

03/11/21 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia o inicio da información pública da 2ª fase do acondicionamento da estrada AC-862, que completará un investimento de case 14 M€ no eixe Ferrol-Ortigueira

Vázquez Mourelle salienta que o obxectivo é licitar os novos traballos na AC-862 de xeito paralelo ao remate da obra en execución, na primavera de 2022

02/11/21 | 19:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta o proxecto do Plan municipal de abastecemento autónomo no concello de San Xoán de Río, cun investimento de 150.000 euros

O obxectivo é dotar a entidade local de información sobre o nivel de garantía do abastecemento de auga potable á súa poboación e dun instrumento de planificación para a mellora da prestación deste servizo, de competencia municipal

02/11/21 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/11/21 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 165.000 euros as obras de reforzo da rede de abastecemento de auga en varios núcleos do municipio de Valga

A intervención, cun prazo de execución de 2 meses, permitirá a mellora dos sistemas destes servizos municipais nas parroquias de Valga, Campaña e Cordeiro

02/11/21 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa os investimentos de 2022 coa licitación inminente do saneamento de Reboredo, en Campo Lameiro, cun orzamento de 362.000€

O delegado territorial, Luis López, anuncia a próxima apertura da fase de contratación desta obra na Comisión Territorial de Coordinación da Delegación da Xunta en Pontevedra, que tivo lugar este mediodía en Campo Lameiro