Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

26/11/21 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta desenvolve os estudos xeotécnicos dos terreos do Novo Hospital público da Coruña e dos seus accesos

Continúan as actuacións necesarias para a redacción do anteproxecto do ‘Novo CHUAC’, unha vez efectuadas as medicións topográficas

26/11/21 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colaborará co Concello de Ferrol executando as obras de saneamento do río Sardiña, que suporán un investimento de 900.000€ e rematarán a finais de 2022

Vázquez Mourelle salienta que estas obras, que a Xunta executará e financiará nun 70%, permitirán solucionar as deficiencias da rede de saneamento da conca do río Sardiña

25/11/21 | 17:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta confirma que se as analíticas realizadas na canteira de Varilongo arroxan incumprimentos iniciará o expediente sancionador que corresponda

Teresa Gutiérrez sinalou que Augas de Galicia, tras a notificación recibida por parte do 112, realizou analíticas o pasado 11 de novembro nas liñas de auga da empresa explotadora desta canteira situada en Santa Comba

25/11/21 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia hoxe o novo contrato de concesión das estacións de autobuses de Monforte de Lemos, Sarria e o Barco de Valdeorras, cun investimento de máis de 811.000€

A concesión, cunha vixencia de 5 anos, comeza unha vez finalizados os contratos de explotación do servizo público destas tres estacións de autobuses

25/11/21 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Convocadas para o 11 de decembro en Santiago as probas para exercer como xestor de transporte por estrada en empresas de mercadorías e de viaxeiros

Os aspirantes inscritos e admitidos nesta nova convocatoria serán citados en chamamento único, en horario de mañá ou de tarde, segundo o tipo de exame

24/11/21 | 18:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez lamenta a falta de transparencia e diálogo do Goberno no impulso do pago por uso das autovías, que pode ter consecuencias nefastas para a competitividade de Galicia

Manifesta a preocupación da Xunta polo xeito en que o Executivo central está a tramitar esta medida que comprometeu ante a UE, polo seu impacto na economía galega e polas dificultades que engade ao labor do transporte de mercadorías

24/11/21 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras da senda entre Xornes e a Igrexa de San Xoán, en Ponteceso, que suporán un investimento da Xunta de 446.000 euros

Construirase un novo itinerario peonil e ciclista de 1,3 km de lonxitude pola marxe dereita da AC-421, enlazando coa senda de Xornes-Buño-Canta la Rana, na que a Xunta investiu 535.000€

24/11/21 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 48.000 euros a execución de beirarrúas na estrada AC-193 no Casal, no concello de Cortegada

As actuacións comezarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 4 meses

24/11/21 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investiu 190.000 euros no reforzo do firme da estrada autonómica LU-109, en Monforte de Lemos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que se renovou o pavimento nos 3,5 quilómetros de lonxitude da vía e agora estase a completar o repintado da sinalización horizontal

23/11/21 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o convenio para executar a mellora dos sistemas de saneamento de Vilanova de Arousa e de Cambados cun investimento autonómico de 6,25 M€

O obxectivo é resolver as deficiencias no sistema mancomunado de saneamento que comparten estes municipios e cuxas augas residuais teñen destino final na estación depuradora de Tragove