Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

30/11/21 | 12:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 576.000€ a mellora da seguridade viaria no tramo de concentración de accidentes da PO-403 en Ponteareas

O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación desta actuación, que beneficia a un treito de 1,6 quilómetros entre o enlace coa A-52 e o final da travesía de Angoares, nunha visita á zona coa alcaldesa, Cristina Fernández

29/11/21 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 1,4 M€ as obras de mellora integral da seguridade viaria e da accesibilidade na estrada PO-330 en Valadares e Pereiró, no Concello de Vigo

Vázquez Mourelle avanza que as obras comezarán na vindeira primavera, cun prazo de execución de 10 meses, e suporán un investimento total de 1,8 M€, tendo en conta o pagamento dos terreos necesarios

28/11/21 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de acondicionamento da travesía da estrada AC-231 en Teixeiro, no Concello de Curtis

O contrato de redacción, adxudicado por un importe de preto de 18.000 euros, conta con 5 meses de prazo

28/11/21 | 12:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias de Lugo e de Ourense

Actuarase na vía de altas prestacións CG-2.1, que une os municipios lucenses de Monforte e de Chantada; e nas vías ourensáns OU-131, ao seu paso pola Bola, e na OU-300, en Allariz

27/11/21 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Augas de Galicia e o centro de supercomputación asinan a cooperación para ampliar a capacidade de predición do risco de inundacións da demarcación hidrográfica Galicia-Costa

Trátase de optimizar o sistema ‘Merlín’ de alerta temperá, a través da realización de cálculos intensivos dos datos hidrográficos, para aumentar a precisión das predicións do risco que se realizan nos ríos na demarcación de competencia da Xunta

27/11/21 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/11/21 | 12:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A colocación das lousas para a ampliación da ponte sobre o río Grande fará necesario un corte de tráfico o luns e o martes no acceso á estrada de Baíñas desde a AC-552 en Baio

Habilitarase un desvío alternativo para o tráfico rodado, que estará sinalizado coa antelación necesaria, manténdose operativo o paso para os peóns

27/11/21 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta acometerá obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica AC-190 ao seu paso polo núcleo dos Regos, no concello de Oleiros

A intervención foi adxudicada por preto de 50.000 euros e céntrase na execución dunha cuneta de seguridade entre os puntos quilométricos 1+390 e 1+770

26/11/21 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 544.000€ as obras para minimizar os riscos de asolagamento na contorna de Sabarís, no concello de Baiona

O obxectivo é acometer as actuacións necesarias para a mellora da drenaxe no camiño das Monxas e no camiño Pouquena, situados nas proximidades da desembocadura do río Groba e identificados como de risco potencial significativo de inundación