Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

03/12/21 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra unha xornada informativa con veciños e técnicos municipais do concello de Vilagarcía de Arousa sobre o Plan de emerxencias da presa do Con

Representantes da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior e técnicos de Augas de Galicia explicaron o contido e as medidas previstas para facer fronte a unha eventual situación de alerta

03/12/21 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras da 1ª fase de mellora da estrada LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane do Courel, que suporán un investimento de 3,4 M€ e se executarán co máximo respecto ambiental e minimizando afeccións

Vázquez Mourelle adianta que os traballos comezarán a finais da primavera e estarán rematados no verán de 2023, coa estrada renovada neste treito de 3,5 km

03/12/21 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción das sendas nas marxes das estradas autonómicas OU-105 e OU-536 e na Avenida de Ponferrada, no Concello de Ourense

Poranse a disposición dos veciños máis de 3,5 quilómetros de novos itinerarios de uso compartido, de ancho variable mínimo de 1,80 metros, con elementos de separación da estrada e con nove refuxios nas distintas paradas de autobús

01/12/21 | 17:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de renovación integral do firme e modernización do balizamento da estrada PO-212, Rodeiro-Agolada, nas que investiu 1,1 M€

O delegado territorial, Luis López, supervisou esta tarde na contorna do lugar de Adelán o resultado desta actuación, orientada ao reforzo da seguridade viaria e mellora da mobilidade, cos alcaldes Rubén Quintá e Luis Calvo

01/12/21 | 14:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta atenderá máis dunha cuarta parte das achegas recibidas para enriquecer o proxecto de lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga

Vázquez Mourelle detalla que se está a ultimar a resposta ás propostas formuladas por 36 entidades, máis de 120 achegas das que se estimarán total ou parcialmente 34 delas

01/12/21 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/12/21 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora e adecuación funcional do edificio do servizo de mobilidade na Coruña, nas que investiu preto de 500.000 euros

A intervención tiña como principal obxectivo mellorar as condicións de traballo dos 30 empregados do Servizo Provincial de Mobilidade, así como a atención aos cidadáns que acoden ás instalacións a realizar xestións

01/12/21 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 419.000 euros para completar a renovación de beirarrúas en Castro Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licita hoxe esta obra, que terá un prazo máximo de execución de oito meses

30/11/21 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá preto de 2 millóns de euros nun sistema innovador para optimizar o consumo e reducir o custo enerxético das depuradoras

Trátase de desenvolver un sistema que facilite a Augas de Galicia a toma de decisións en tempo real para a mellora do rendemento enerxético nas depuradoras galegas, que se probará a modo de proxecto piloto nas estacións de Baiona, de Gondomar e de Nigrán

30/11/21 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle á comisaria europea de Transportes a demanda de que o AVE Vigo-Porto se incorpore ao Corredor Atlántico Noroeste

O obxectivo é achegar estas cidades cunha infraestrutura ferroviaria moderna que reduza a viaxe ata 60 minutos, reforzando a competitividade da Eurorrexión