Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

13/12/21 | 10:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta alleará 19 lotes de madeira de 17.000 toneladas por preto de 300.000 euros nunha próxima poxa pública electrónica en Pontevedra

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se fai pública a convocatoria desta poxa telemática, que ten previsto celebrarse o 31 de xaneiro do ano vindeiro na xefatura territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra

12/12/21 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para executar unha senda peonil na estrada PO-549 no lugar de Corón, en Vilanova de Arousa, que suporá un investimento de 1,1 M€

A actuación permitirá reforzar a seguridade viaria desta vía autonómica que conecta Vilanova e Vilagarcía de Arousa, regulando os espazos diferenciados para vehículos e para peóns

11/12/21 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 10 empresas presentan as súas ofertas para executar a senda peonil na AC-413 na Tablilla, no concello de Cerceda, licitada por máis de 120.000 euros

A Xunta construirá un itinerario de algo máis de 400 metros na marxe esquerda da estrada, cunha anchura de 2 metros e separada da calzada por un bordo, para reforzar a seguridade viaria e favorecer os desprazamentos a pé dos veciños

11/12/21 | 12:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance das obras da autovía Nadela-Sarria fai necesario estender os cortes de tráfico durante seis días a partir do luns

A Xunta avanza no treito entre A Pobra de San Xiao e Sarria centro coa preparación da plataforma na que se asentará a base da segunda calzada, para o que son precisas microvoaduras

11/12/21 | 11:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle ao Goberno de España o estudo sobre a aplicación na autoestrada estatal AP-53 das mesmas bonificacións que na AP-9

O Goberno galego cumpre o acordado cos alcaldes dos concellos da traza da autoestrada que une Santiago e Ourense sobre a realización do estudo e o seu traslado ao Ministerio de Transportes para a súa consideración

10/12/21 | 20:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre ao tráfico a ponte sobre o río Grande, en Baio

Os traballos de remate das obras, que só precisarán de cortes puntuais, continuarán ao finalizar o período do Nadal para minimizar as afeccións

10/12/21 | 11:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 20 ofertas para executar a mellora do sistema de saneamento nos concellos de Cee e de Corcubión, cun investimento de 8,1 M€

A Xunta adxudicará as obras no 1º trimestre de 2022 e comezará os traballos na primavera co obxectivo de rematalos a finais de 2023

09/12/21 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 3 ofertas para executar as sendas peonís de Vilar de Cas e Güimil e a mellora da contorna do santuario de Couso de Salas, en Muíños, cun investimento de 200.000 €

O Goberno galego prevé comezar na primavera esta intervención na estrada OU-302 para pór á disposición dos veciños estes novos itinerarios para desprazarse con máis seguridade

09/12/21 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que a Xunta rematará en xaneiro a demolición da estación de autobuses de Santiago para licitar en marzo a 1ª fase da Cidade de San Caetano, cun investimento de 21 M€

Estanse a derribar os 13.000 m² de superficie construída, distribuídos en tres andares, agás os edificios das oficinas municipais e o parque de bombeiros, que non se demolerá a curto prazo segundo o acordado co Concello