Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

15/12/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 106.000 euros a redacción do proxecto de mellora do saneamento na Seca e no porto de Campelo, en Poio

A actuación, incluída no Plan de saneamento local, consistirá na execución dun novo tanque de tormentas na Seca que regule o caudal cara á estación do porto de Campelo

14/12/21 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsa a modernización da estación de tratamento de auga potable de Pontecesures para garantir o abastecemento da poboación

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Juan Manuel Vidal, supervisou este mediodía o remate da obra de acondicionamento da potabilizadora, que recibiu unha achega de 30.000€ do Fondo de Compensación Ambiental

14/12/21 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra unha nova xornada cos axentes sociais sobre o Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025, que ten como obxectivo reducir nun 25 % o número de vítimas mortais nas estradas

Trátase de seguir avanzando no documento definitivo deste Plan pioneiro en España ao incorporar a “visión cero vítimas nas estradas”, para poder aprobalo en xaneiro

14/12/21 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 10 empresas para executar unha senda peonil na estrada AC-214 en Sigrás, no concello de Cambre, cun investimento de máis de 743.000€

Construirase un itinerario de 720 metros de lonxitude, desde o cruce coa AC-213 e a N-550, nos núcleos da Telva, A Xira e A Pena de Sigrás de Abaixo

14/12/21 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ultima un plan de reforzo para incrementar nun 10% os servizos de autobús da liña a Coruña-Ferrol

A proposta de reestruturación presentada polo concesionario prevé 10 servizos por autoestrada máis cada día de luns a venres, o que supón un incremento de máis do 30% nas expedicións con maior demanda

14/12/21 | 12:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/12/21 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe a oferta de 4 empresas para executar a reforma da estación de autobuses de Cangas, que suporá un investimento autonómico de 400.000€

Modernizarase a área de transporte público que forman a terminal de autobuses e a marítima para impulsar a intermodalidade, poñendo en valor a súa singular imaxe e mellorando a súa funcionalidade, a eficiencia enerxética e a accesibilidade

13/12/21 | 15:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o contrato para a sinalización e a divulgación das áreas con risco de inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

O obxectivo é reforzar a concienciación sobre o risco de asolagamentos na demarcación, incrementando o coñecemento sobre o comportamento natural dos ríos e a influencia das accións dos cidadáns

13/12/21 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-190 ao seu paso polo núcleo dos Regos, no concello de Oleiros

A intervención, cun investimento de preto de 50.000 euros, céntrase na execución dunha cuneta de seguridade entre os puntos quilométricos 1+390 e 1+770

13/12/21 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-551 en Coiro e Tirán, nos concellos de Cangas e Moaña, que suporán un investimento de 1,1 M€

Vázquez Mourelle avanza que a previsión é comezar os traballos na vindeira primavera para telos rematados en 2022, xa que teñen un prazo de execución de 6 meses