Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

22/12/21 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de acondicionamento de beirarrúas na estrada PO-551 ao seu paso polo Concello de Bueu

A actuación contou cun investimento autonómico de máis de 48.000 €, dándose por concluídos os traballos tras a colocación da varanda de protección en distintos tramos

21/12/21 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas de empresas interesadas en executar a senda entre a Moureira e Palmás, en Moaña, que suporá un investimento de 1,6 M€

As obras deste novo itinerario na estrada PO-551 comezarán na primavera e terán un prazo de execución de 12 meses

21/12/21 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Unha delegación de senadores franceses coñece a experiencia de rexeneración ambiental e de recuperación do lago das Encrobas da man de Augas de Galicia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade atende cunha visita ao lago, en Cerceda, o interese da delegación francesa na experiencia de transformación da antiga mina de carbón do municipio

21/12/21 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o contrato para a dixitalización dos elementos de defensa da rede autonómica de estradas, cun investimento de case 2,4 M€

O obxectivo é acadar un ‘xemelgo dixital da estrada’, un modelo dixital para facilitar a actividade administrativa, redactar proxectos de mellora ou para os labores de conservación

21/12/21 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en febreiro e en abril os propietarios dos terreos necesarios para a execución dunha senda e da mellora de seguridade viaria na PO-308, entre Fontenla e Combarro, en Poio

A Consellería de Infraestruturas investirá máis de 1,65 M€ na execución deste itinerario e na eliminación dun treito de concentración de accidentes nese tramo da PO-308, licitando a execución de ambas as dúas actuacións nas vindeiras semanas

20/12/21 | 16:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta desde mañá os horarios dos autobuses que conectan Lugo, Pontevedra e Vigo con Ourense para coordinalos cos servizos de tren a Madrid

Trátase de garantir a coordinación dos 134 servizos de autobús que unen cada semana a cidade das Burgas con Lugo, Pontevedra e Vigo coas saídas e chegadas do tren programadas por Renfe coa posta en servizo do treito de alta velocidade entre Pedralba e Ourense

20/12/21 | 14:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o éxito colectivo da chegada do AVE a Ourense e anima a concluílo para aproveitar ao máximo este activo de valor incalculable

”Para os galegos é un antes e un despois. Supón competir en termos de igualdade co Mediterráneo, o Sur e, en definitiva, coa maior parte de España”, expresa

19/12/21 | 10:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta será pioneira en implantar novos servizos de autobús aos cinco centros penais de Galicia incorporando máis frecuencias e horarios axustados ás visitas

A Dirección Xeral de Mobilidade está a presentar e abordar este plan de mellora cos responsables de cada un dos centros penais co obxectivo de implantar os novos servizos nas próximas semanas

19/12/21 | 10:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias de Lugo e de Ourense

Actuarase na estrada LU-111, no municipio lucense de Rábade, e na OU-212, ao seu paso polos municipios ourensáns de Beariz, Avión, Carballeda de Avia e Beade

18/12/21 | 10:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a fase principal de escavación do novo hospital público Gran Montecelo, en Pontevedra, cun sistema pioneiro sen voaduras nin vibracións

Estes traballos, que comezaron en xuño, realizáronse por primeira vez en Galicia cun medio especial de uña con sistema vibrante excéntrico acoplado nunha retroexcavadora de 60 toneladas