Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

30/12/21 | 12:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará as conexións de autobús entre o centro penitenciario da Lama e as cidades de Pontevedra e de Vigo, con horarios adaptados ás visitas dos internos

O centro disporá de 12 frecuencias directas con Pontevedra e 14 con Vigo, os mércores e venres pola tarde e os sábados e domingos para as visitas de mañá e de tarde

30/12/21 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta implantará servizos de autobús baixo demanda para conectar o centro penal de Teixeiro, en Curtis, co eixe a Coruña-Ferrol e con Santiago

Os visitantes disporán de 28 frecuencias de autobús á semana, 20 na conexión con Betanzos e 8 para os desprazamentos desde Santiago

29/12/21 | 14:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada aos concellos de Ferrolterra o próximo reforzo das conexións de autobús entre A Coruña e Ferrol, con 55 servizos directos máis á semana

A nova oferta potencia os servizos directos entre as cidades da Coruña e de Ferrol, ao tempo que optimiza os servizos dos traxectos intermedios, asegurando a accesibilidade dos corredores A Coruña-Betanzos e Ferrol-Pontedeume

29/12/21 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta incrementa nun 25% o investimento das axudas á formación dos profesionais do sector do transporte por estrada, dotadas cun orzamento de 500.000€

O obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

29/12/21 | 11:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a redución da suba das peaxes das autoestradas autonómicas en 2022, limitando a menos da metade o impacto do incremento do IPC nas tarifas

O Goberno galego achegará 550.000 € para reducir do 5,09%, que correspondería pola suba do IPC, ao 2,5% o aumento das peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor

29/12/21 | 10:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 320.000 euros as obras da senda peonil e ciclista na estrada AC-213 na Telva, en Cambre e Culleredo

Construirase unha senda de 680 metros de lonxitude na marxe da vía autonómica: 540 metros na AC-213 e 140 metros no ramal ao polígono de Alvedro

28/12/21 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 737.000€ a construción dunha senda peonil na estrada PO-548 en Cordeiro, no concello de Valga

O delegado territorial, Luis López, anunciou a apertura da fase de contratación desta actuación nunha visita á zona coa alcalde, José María Bello, e outros representantes municipais

28/12/21 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis 1,4 millóns de euros a explotación e mantemento da depuradora da Pobra do Caramiñal nos vindeiros 2 anos

Este contrato inclúe a xestión da explotación e conservación das instalacións para que cumpran os obxectivos de depuración en condicións óptimas de funcionamento

28/12/21 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta apoia ao sector do taxi cunha nova convocatoria de incentivos por importe de 500.000 € para a compra de vehículos adaptados e de baixas emisións, o que eleva as axudas a máis de 4 m€

Destinaranse 300.000 € á compra de taxis adaptados, 140.000 € para vehículos de baixas emisións e 60.000 € para taxis de emisións cero

27/12/21 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e 12 concellos acordan investir case 2,7 M€ para manter activo dous anos máis o Plan de Transporte da área de Vigo tras bonificar máis de 17 millóns de viaxes

Vázquez Mourelle destaca o éxito da colaboración iniciada hai case 7 anos, a pesar de que a negativa do Concello de Vigo a participar impide que os aforros de 600 euros ao ano que desfrutan os usuarios se amplíen ata 1.000 euros