Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

05/01/22 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 3 ofertas para executar a 1ª fase de mellora da estrada LU-651 entre Ferrería Vella e Seoane do Courel, no concello de Folgoso do Courel, cun investimento de 3,4 M€

Os traballos comezarán a finais da primavera e estarán rematados no verán de 2023, coa estrada renovada neste treito de 3,5 km

04/01/22 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta construirá beirarrúas na estrada OU-304 en Texós, no concello de Baltar

Este contrato, que vén de adxudicar a Xunta por un importe de máis de 48.000, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de 4 meses

04/01/22 | 11:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto para executar unha senda na estrada PO-548 en Catoira

O contrato, adxudicado por un importe de 18.000 euros, conta cun prazo de 5 meses

03/01/22 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Castrelo de Miño asinan o convenio para executar as actuacións necesarias para reducir o nivel de arsénico no sistema de abastecemento de auga

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, vén de asinar de xeito telemático, co alcalde do Castrelo de Miño, Avelino Pazos, este acordo

03/01/22 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza o inicio o 10 de xaneiro do reforzo das conexións de autobús entre a Coruña e Ferrol, activando 55 servizos directos máis á semana

A reestruturación potencia os servizos directos entre as cidades da Coruña e de Ferrol e optimiza os traxectos intermedios, garantindo a accesibilidade dos corredores A Coruña-Betanzos e Ferrol-Pontedeume

02/01/22 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta implantará novos servizos de autobús ao centro penal do Pereiro de Aguiar con parada nas inmediacións e adaptados aos horarios das visitas

Das 28 frecuencias coas que contará a nova oferta ao penal ourensán á semana, 13 servizos son novos, e outros 15 axustan o seu horario

02/01/22 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na estrada PO-330 en Valadares e Pereiró, no concello de Vigo, licitada por 1,4 M€

Intervirase de xeito integral en 7 km da estrada Vigo-Vincios, nunha zona moi urbanizada e concorrida, reforzando a seguridade e mellorando a mobilidade, rodada e a pé

01/01/22 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mellora os servizos de autobús aos centros penais de Monterroso e de Bonxe, en Lugo, para a súa adecuación aos horarios de visita

Estes reforzos permiten xa que o penal de Monterroso dispoña de 25 servizos cada semana na súa conexión con Lugo, tendo en conta que a maioría das visitas ao centro proceden da capital de provincia

01/01/22 | 11:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 9 empresas para as obras de eliminación dun tramo de concentración de accidentes na PO-403 en Ponteareas, licitadas por máis de 575.000 €

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé desenvolver esta actuación durante este ano, xa que ten un prazo de execución de oito meses

30/12/21 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 10,2 M€ o contrato de explotación e mantemento da depuradora dos Praceres, en Pontevedra, para os vindeiros 2 anos

O Goberno galego dá continuidade ao servizo que garante a depuración das augas residuais dos concellos de Marín, Poio e Pontevedra, tendo en conta que Pontevedra é a única gran cidade na que o Concello non xestiona a depuradora municipal