Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

11/01/22 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta celebrará o vindeiro venres un foro para abordar as oportunidades e os desafíos relacionados coa chegada do AVE a Ourense

O presidente da Xunta clausurará o encontro, no que participarán os ex ministros José Blanco e Ana Pastor, ademais dos presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, e do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal

11/01/22 | 11:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a 1ª fase do proxecto de humanización da PO-323 en Teis, no Concello de Vigo

A intervención suporá un investimento de preto de 1,7 M€ e define medidas de calmado de tráfico e de protección de peóns nesta vía de acceso á cidade e características moi urbanas

10/01/22 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do saneamento en Ver e Boebre, en Pontedeume, cun investimento de case 958.000€

O fin é eliminar os vertidos destes núcleos, para o que se construirá unha estación de bombeo e unha rede de colectores en Ver e unha depuradora en Boebre

08/01/22 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o luns o reforzo das conexións de autobús entre a Coruña e Ferrol, que suporá 55 servizos directos máis á semana

Aumentarán 11 expedicións por autoestrada cada día de luns a venres, un incremento de máis do 35%, nas franxas horarias de primeira hora da mañá e da tarde

08/01/22 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de renovación do firme na autovía Santiago e Brión, a AG-56, e na variante das Galanas, que suporá un investimento de máis de 5,8 M€

Esta rehabilitación do firme comezará na primavera e o orzamento necesario será asumido pola concesionaria no marco do seu contrato

07/01/22 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 8 ofertas para desenvolver o Plan de control de vertidos na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa nos vindeiros 2 anos, cun investimento de preto de 3 M€

Estas ofertas presentáronse a cada un dos 3 contratos, que se corresponden cos distintos ámbitos da Demarcación Galicia-Costa: norte, centro e sur

07/01/22 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/01/22 | 10:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do estudo de viabilidade da mellora do tránsito peonil e de vehículos entre as marxes do río Sil en Sobradelo, en Carballeda de Valdeorras

O contrato, que suporá un investimento autonómico que rolda os 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 5 meses

06/01/22 | 10:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
05/01/22 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede 177 axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos, cun investimento de máis de 906.000 €

As subvencións son de ata 4.000 € para os taxis de baixas emisións, 6.000 para vehículos de emisións cero e 10.000 para coches adaptados a persoas con mobilidade reducida