Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

17/01/22 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 310.000 euros as obras para a execución das sendas de Soesto e de Serantes, no concello de Laxe

Construiranse en total algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo da antiga traza da estrada AC-433

17/01/22 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o convenio co concello de Sanxenxo para humanizar a PO-308 en Portonovo como un novo paso para facer desta vía un referente en seguridade viaria tras investir a Xunta de 20 M€

Trátase dunha ambiciosa actuación que transformará a estrada en rúa grazas a un investimento de 2,3 millóns de euros, dos cales a Xunta achegará o 70%, é dicir, 1,6 millóns

16/01/22 | 12:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará este luns novos traballos de limpeza nas marxes das estradas autonómicas nas provincias de Lugo e de Ourense

Actuarase nas estradas LU-541 e LU-111, nos municipios lucense de Vilaba e Rábade, e nas vías ourensás OU-801, OU-540 e OU-531, ao seu paso polos concellos de Ribadavia, Ourense, Vilar de Santos e Xinzo de Limia

15/01/22 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa hoxe e mañá as visitas guiadas ao novo Espazo Amizar, que empezará a prestar servizos aos cidadáns a vindeira semana

O Goberno galego programou novas visitas para esta fin de semana dada a boa acollida que tivo a iniciativa, pois 1.000 persoas xa se achegaron a coñecer o edificio

14/01/22 | 15:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta creará un comité multidisciplinar para elaborar unha estratexia coa que impulsar o maior crecemento económico e rendemento social do AVE a Galicia

Resalta que este comité estará formado por un conxunto de expertos que achegarán propostas a desenvolver co fin de aproveitar a capacidade económica do tren de alta velocidade á Comunidade

14/01/22 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta designa o tribunal para as probas de aptitude profesional para o exercicio de condutor de transporte de mercadorías e de viaxeiros por estrada

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade realizará un total de 6 convocatorias de exames de distintas categorías, aproximadamente unha cada dous meses

13/01/22 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta autoriza o contrato de xestión da Axencia Galega de Infraestruturas, que mobilizará máis de 500 M€ nos vindeiros 2 anos

Feijóo salienta a incorporación ao contrato de dous eixos novidosos: a mellora das paradas de autobús e a dixitalización das estradas

13/01/22 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abordará mañá nun foro a chegada do AVE a Ourense e as oportunidades que suporá para o turismo e para a competitividade económica de Galicia

O presidente da Xunta clausurará o encontro, no que participarán os ex ministros José Blanco e Ana Pastor, ademais do presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites

13/01/22 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de mellora da seguridade viaria na PO-551 en Coiro e Tirán, nos concellos de Cangas e Moaña, licitadas por 922.000 €

A previsión é comezar os traballos de eliminación deste treito de concentración de accidentes na primavera e telos rematados este ano, xa que teñen un prazo de 6 meses

12/01/22 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto de construción da glorieta da Portela, na PO-551, en Bueu

A aprobación do proxecto fai viable o desenvolvemento urbanístico do polígono da Portela, reordenándose a intersección situada no punto quilométrico 14+400 da vía autonómica, na que conflúen a EP-1301 e a vía de acceso ao núcleo de poboación