Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

22/01/22 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destinará o material extraído das escavacións do hospital público Gran Montecelo en Pontevedra ao recheo dunha canteira na Ermida

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no marco da aposta da Xunta pola economía circular e a sustentabilidade, fixo coincidir a escavación coa recuperación de terreos desta canteira

21/01/22 | 18:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide ao Goberno central un compromiso firme para que os trens Avril cheguen a Galicia no verán e a priorización das obras das autovías na Comunidade

Incide na necesidade de que o tren de Alta Velocidade se estenda ao resto das cidades galegas, como activo para a industria e o sector turístico

21/01/22 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 716.000 € na execución de dous novos treitos de senda na estrada AC-552 en Coristanco, para favorecer o acceso a pé ao centro comercial

A previsión é convocar o levantamento das actas previas das expropiacións e licitar a obra neste primeiro semestre, para iniciar os traballos na segunda metade do ano

19/01/22 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras de tres sendas nas estradas OU-105, OU-536 e na avenida de Ponferrada, en Ourense, que suporán un investimento da Xunta de 1,8 M€

As actuacións na Rabaza, en Ponte Sevilla e na avenida de Ponferrada habilitarán un total de máis de 3,5 quilómetros de sendas de uso compartido, peonil e ciclista, cun ancho mínimo de 1,80 metros para garantir unha boa accesibilidade

19/01/22 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta leva investido nos últimos 10 anos máis de 18,6 M€ en actuacións para garantir a conservación e mellorar a seguridade nas pontes e obras de paso das estradas autonómicas

Francisco Menéndez concreta que estas intervencións se enmarcan no programa pioneiro de xestión de pontes e obras de paso (XOPA) activado pola Xunta

19/01/22 | 13:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reivindica como un éxito colectivo dos galegos a chegada do AVE a Ourense, pero lembra que segue pendente para o resto da comunidade

Francisco Menéndez explica que para que Santiago, A Coruña, Pontevedra ou Vigo accedan á alta velocidade son necesarios os trens AVRIL, que non estarán activos ata o verán de 2022

19/01/22 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde o vindeiro luns os servizos de autobús entre Ferrol e A Coruña por estrada para atender as poboacións intermedias

Aténdese así a petición dos usuarios e dos concellos de reforzar as comunicacións dos municipios intermedios, tras a activación, o pasado 10 de xaneiro, de 55 novos servizos directos entre A Coruña e Ferrol

18/01/22 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 5,3 M€ as obras de mellora da depuradora de Tragove, que permitirán case duplicar o caudal de tratamento das augas residuais dos concellos de Cambados e de Vilanova de Arousa

Adecuaranse os tratamentos secundario e terciario e incrementaranse os caudais de recirculación, purga e deshidratación de fangos, ademais doutras melloras relacionadas coa obsolescencia de equipos, sistemas e instalacións da actual planta de tratamento

18/01/22 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/01/22 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos de remate das obras da ponte sobre o río Grande en Baio obrigan a un corte do tráfico rodado desde este mércores e ata última hora do venres

Durante os labores de pulido do aglomerado da calzada e a colocación das xuntas de dilatación do taboleiro da ponte manterase operativo o paso para os peóns, habilitándose o correspondente desvío do tráfico pola vía de alta capacidade VG-1.5