Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

26/01/22 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en funcionamento este venres novos servizos de autobús aos cinco centros penais de Galicia incorporando máis frecuencias e horarios axustados ás visitas

As melloras supoñen a creación de novas liñas específicas, a ampliación de itinerarios noutras rutas existentes, o incremento de frecuencias e o axuste de horarios segundo as quendas de visita de cada un dos centros

26/01/22 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Lousame colaboran na mellora do firme do viario de Sanguiñal a Tállara, que suporá un investimento autonómico de case 100.000 €

O Goberno galego asume o financiamento e o Concello adxudicará as obras na primavera para executalas no verán, cun prazo dun mes

26/01/22 | 12:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para as obras de construción dunha nova senda na estrada autonómica PO-548, no concello de Valga, licitadas por preto de 737.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé desenvolver esta actuación durante este ano, xa que conta cun prazo de execución de seis meses

26/01/22 | 11:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 48,3 M€ as obras de ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé asinar o contrato a finais de febreiro co obxectivo de iniciar a continuación as obras, cun prazo de 40 meses

25/01/22 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez confirma a disposición da Xunta a colaborar coa mancomunidade da comarca de Verín e coa Confederación Hidrográfica do Douro para mellorar o saneamento do río Támega

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, elaborará un estudo de alternativas para axilizar o máximo posible os prazos

25/01/22 | 12:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe as ofertas de 13 empresas para executar unha senda na PO-313 entre Pardavila e Cadro, en Marín, licitadas por máis de 610.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé desenvolver esta actuación durante este ano, xa que conta cun prazo de execución de nove meses e os actos expropiatorios xa foron convocado en setembro e decembro do 2021

24/01/22 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta a necesidade dun cambio normativo estatal para garantir a viabilidade de todas as obras públicas e protexer o emprego ante a crise dos materiais

A conselleira destaca que a Xunta foi pioneira ao adoptar medidas para evitar retrasos e paralizacións nas obras en curso e salienta que outras autonomías, como Estremadura, decidiron replicar exactamente a mesma iniciativa legal

24/01/22 | 12:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que as obras de ampliación do acceso ao polígono de Sabón, en Arteixo, están executadas ao 60% e rematarán en maio, logo dun investimento da Xunta de 6,3 M€

Actualmente, 22 operarios e 11 máquinas traballan nas obras, que consisten na duplicación de carrís ao longo da avenida da Deputación, desde a glorieta de Sabón ata a intersección coa avenida da Enerxía e coa avenida da Ponte

23/01/22 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a partir de mañá os servizos de autobús entre Ferrol e a Coruña por estrada para atender as poboacións intermedias

O obxectivo é reforzar as comunicacións dos municipios intermedios, tras a activación o 10 de xaneiro de 55 novos servizos directos entre A Coruña e Ferrol

22/01/22 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez subliña a estación intermodal de Santiago como clave na modernización da cidade, preparada para recibir canto antes os trens de Alta Velocidade

Vázquez Mourelle destaca o papel desta infraestrutura como porta de entrada do turismo no dobre Ano Xacobeo 2021-2022, que incrementará o seu potencial cando o Goberno de España acometa as obras, inminentes, de reforma ferroviaria