Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 3180 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

31/01/22 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba o proxecto da estación de autobuses e do aparcadoiro da intermodal da Coruña, que suporá un investimento de preto de 30M€

Executarase unha nova terminal de autobuses en paralelo á avenida da Sardiñeira, cun edificio de viaxeiros de 2.500 metros cadrados e 20 dársenas, situadas ao mesmo nivel que o edificio de viaxeiros

31/01/22 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
31/01/22 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento de 800.000 € da Xunta e do concello de Cerdedo-Cotobade nunha travesía de Tenorio renovada, humanizada, máis segura e funcional

A Xunta achegou 550.000 € a esta actuación, executada ao longo de 1,5 km da arteria principal desta parroquia, proporcionando aos veciños máis espazo para camiñar, con 2 itinerarios que duplican o ancho das antigas beirarrúas e con bordo de protección

30/01/22 | 10:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/01/22 | 10:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a dixitalización dos elementos de defensa da rede autonómica de estradas, licitada por case 2,4 M€

O contrato conta cun prazo de execución de 18 meses e ten como obxectivo acadar un ‘xemelgo dixital da estrada’ para facilitar a actividade administrativa, redactar proxectos de mellora ou para os labores de conservación

28/01/22 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada á plataforma de usuarios a súa disposición a analizar novas propostas para continuar a mellorar o funcionamento dos servizos de autobús entre Ferrolterra e a Coruña

Os representantes da plataforma de usuarios comprometéronse a remitir propostas concretas de mellora, que serán valoradas pola Administración coa mesma vontade construtiva que impulsou o reforzo continuo de servizos nos últimos meses

28/01/22 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta, Acuaes e o concello de Ponteareas selan o convenio que permitirá a ampliación da depuradora da Moscadeira e a mellora do saneamento cun investimento conxunto de 11,7 M€

Vázquez Mourelle destaca que a Xunta achegará 2,3 M€ de fondos propios da Comunidade á reforma e a ampliación da depuradora municipal de Ponteareas, declarada polo Goberno de Mariano Rajoy en 2018 como de Interese Xeral do Estado

28/01/22 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora da estrada PO-315 no concello de Cangas

As persoas interesadas poderán formular observacións á concepción do trazado ata o 11 de marzo, tras a publicación do anuncio hoxe no Diario Oficial de Galicia

27/01/22 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia o nomeamento de Martina Aneiros como delegada territorial en Ferrol e incide no compromiso da Xunta coa comarca tras investir máis de 80 M€ en 2021

Anuncia que Ferrol Vello será a sexta Área Rexurbe da Comunidade con máis de 105.000 metros cadrados de superficie, 269 edificios e algo máis de 1.000 vivendas

27/01/22 | 11:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa os traballos de recoñecemento xeotécnico na contorna do futuro enlace de conexión da Vía Ártabra coa autoestrada AP-9

Realízanse 3 sondaxes, dúas na zona da mediana da autoestrada estatal e unha máis no exterior, co obxectivo de coñecer a natureza dos materiais de recheo do terraplén existente na contorna do futuro paso inferior do posible enlace de conexión