Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 411 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

01/10/22 | 16:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A Amtega celebra o Día das persoas maiores ampliando a súa colaboración con FEGAUS para reforzar a capacitación dixital deste colectivo

O departamento autonómico e Rede de Aulas CeMIt súmanse hoxe, 1 de outubro, a esta conmemoración coa sinatura dun novo convenio con Fegaus
 

30/09/22 | 13:42 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia é a terceira Comunidade Autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante

Cada galego debe 2.306 euros menos que a media autonómica

30/09/22 | 12:18 | C. de Facenda e Administración Pública

O Centro de Resposta a Incidentes de Ciberseguridade da Xunta entra na Rede Nacional impulsada polo CCN

Galicia é a sexta comunidade autónoma que se integra nesta rede que actuará en coordinación cos Centros de Operacións de Ciberseguridade (SOC) europeos

29/09/22 | 15:01 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda resalta que a Conta Xeral ratifica que en 2021 Galicia cumpriu un ano máis cos obxectivos de déficit e débeda fixados no seu orzamento

Destaca que os datos avalan a “boa xestión” do Executivo autonómico que permite “baixar impostos e manter a calidade dos servizos”
 

27/09/22 | 13:13 | C. de Facenda e Administración Pública

O Consorcio Casco Vello ultima o alugueiro dos locais para dinamizar o barrio histórico de Vigo tras recibir case un centenar de ofertas

A delegada territorial da Xunta en Vigo anunciou este martes que o concurso público está a piques de rematar coa adxudicación dos baixos comerciais
 

27/09/22 | 12:46 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan a conferencia “Computación cuántica na industria”

Será impartida por Lois Orosa Nogueira, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia que lidera o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia

23/09/22 | 15:07 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña o esforzo de Galicia por ofrecer certezas e captar investimentos para potenciar unha economía máis competitiva e innovadora

Anuncia que os Orzamentos de 2023 incluirán unha rebaixa un 25% no Imposto de Patrimonio, que supón unha bonificación da metade da taxa logo de aplicar a mesma baixada no pasado ano
 

22/09/22 | 13:54 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 170.000 galegos beneficiáronse en 2021 da baixada fiscal da Xunta no imposto de sucesións e do programa impostos cero no rural

A directora da Axencia Tributaria de Galicia, María Victoria González, presentou hoxe no Parlamento o informe da actividade deste organismo

21/09/22 | 14:22 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pide a cogobernanza no reparto dos fondos europeos para sacarlles o máximo partido

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou hoxe en Madrid nun seminario sobre o impulso aos investimentos para unha economía verde, dixital e xusta

19/09/22 | 14:14 | C. de Facenda e Administración Pública

O Encontro Galego CIBER.gal acollerá a segunda edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’

O prazo de inscrición ao certame, dirixido a centros educativos de Primaria e ESO de Galicia, permanecerá aberto ata o 10 de outubro