Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 411 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

28/10/22 | 18:23 | C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta incrementa o orzamento sanitario ata preto dos 5.000 millóns de euros, coas maiores subas nos fondos para Saúde Pública, Atención Primaria e formación de novos especialistas

A aposta pola Saúde Pública tradúcese nun incremento dun 17% do orzamento para estas políticas ata chegar aos 106 millóns de euros, que financiarán as ampliacións dos programas de vacinación e cribado, o inicio do Plan de Obesidade Zero, a dixitalización dos sistemas de saúde pública ou a posta en marcha do Centro Galego para o Control e Detección de Enfermidades

27/10/22 | 14:45 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pecha o novo catálogo de actividades do Plan Digitalent para continuar impulsando o talento tecnolóxico

O director do departamento autonómico reuniuse coas empresas do Pacto Dixital para incorporar as súas actividades ao Plan para o curso 2022/2023

26/10/22 | 19:13 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta e os principais axentes socioeconómicos coinciden na importancia de sumar esforzos para que os proxectos estratéxicos para Galicia acaden fondos europeos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos; e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantiveron esta tarde un encontro cos integrantes da Mesa do Diálogo Social

26/10/22 | 12:43 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforza con máis de 500 M€ adicionais actuacións para apoiar ás persoas e impulsar a competitividade

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar as contas do seu departamento

25/10/22 | 14:04 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina máis de 22 millóns de euros á inclusión dixital nos concellos de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presentou hoxe ás entidades locais o plan de reforma e ampliación da rede de aulas CeMIT

24/10/22 | 17:15 | C. de Facenda e Administración Pública
24/10/22 | 17:02 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o mes de agosto como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 12,49 días, case dezaseis días por debaixo da media autonómica

24/10/22 | 14:58 | C. de Economía e Industria; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

Xunta, universidades e Eurorrexión propoñen de xeito unánime á Coruña como candidata de Galicia con máis posibilidade para acoller a Aesia

Os integrantes do nodo galego de intelixencia artificial (nodo galicIA) tomaron a decisión tras analizar un documento no que se cuantificaron máis de 200 indicadores obxectivos

22/10/22 | 12:00 | C. de Facenda e Administración Pública

O Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia integra xa información sobre máis de 300 empresas que ofrecen 884 servizos e 444 produtos

O directorio é xestionado polo centro GaiásTech da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e na súa elaboración participa o Clúster TIC

21/10/22 | 14:47 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aposta por unha formación actual e de calidade dos empregados públicos para xestionar os fondos europeos de recuperación Next Generation con eficacia e eficiencia

A directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Sonia Rodríguez-Campos, asistiu hoxe á conferencia impartida polo reitor e catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Salamanca, Ricardo Rivero Ortega, co título “A xestión de fondos do instrumento europeo de recuperación: marco xurídico-administrativo”, en Santiago de Compostela