Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 411 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

26/11/20 | 13:07 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia solicita a eliminación da taxa de reposición co obxectivo de garantir a estabilidade laboral no emprego público

A Xunta presenta ao Goberno central unha proposta formal para modificar o Estatuto Básico do Empregado Público e reducir a temporalidade entre os traballadores das distintas administracións

26/11/20 | 10:25 | C. de Facenda e Administración Pública

O PIB galego medrou un 14,6% no terceiro trimestre do ano, segundo as estimacións do IGE

Este crecemento é dúas décimas superior á caída rexistrada no anterior trimestre que coincidiu co confinamento provocado pola pandemia

25/11/20 | 10:54 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 600 profesionais sanitarios incorpóranse ás listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta

O DOG publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos de forma anticipada e separada para responder ás necesidades derivadas da covid-19

23/11/20 | 13:22 | C. de Facenda e Administración Pública

Os Orzamentos da Xunta para 2021 destinan catro de cada cinco euros a gasto social, emprego e reactivación económica

O conselleiro de Facenda e Administración Pública entregou hoxe no Parlamento o proxecto de Lei de Orzamentos e o de Medidas Fiscais e Administrativas

20/11/20 | 17:20 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a aprobación dos Orzamentos máis altos da historia: con máis gasto social e co maior esforzo investidor para reactivar Galicia

Recorda que as contas que se acaban de aprobar dispoñen de 11.563 millóns de euros para dar resposta aos retos que Galicia afronta neste momento

18/11/20 | 13:53 | C. de Facenda e Administración Pública

O conselleiro de Facenda e Administración Pública trasladou a empresarios e sindicatos as liñas xerais dos Orzamentos da Xunta para 2021

Valeriano Martínez mantivo hoxe reunións coa Confederación de Empresarios de Galicia e coas organizacións sindicais

13/11/20 | 19:12 | C. de Facenda e Administración Pública

Acordo entre Xunta e CIG sobre o réxime de teletraballo dos empregados públicos na Administración galega

Galicia será a primeira comunidade en adaptarse á normativa de reforma do teletraballo aprobada recentemente polo Goberno central

12/11/20 | 18:11 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta resalta o papel dos axentes do Diálogo Social no desenvolvemento de medidas cara á reactivación económica

Os titulares de Economía, Facenda e Emprego da Xunta reuníronse en Santiago de Compostela con interlocutores da patronal e dos sindicatos

12/11/20 | 17:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta presenta a oferta de emprego público correspondente a 2020, a maior dos últimos 12 anos con 7.380 prazas

Feijóo precisa que a OPE ascende a 2.741 prazas no eido da Administración Xeral, 985 prazas no eido sanitario e 3.654 prazas no ensino

10/11/20 | 11:32 | C. de Facenda e Administración Pública

O Parlamento de Galicia dá luz verde ao teito de gasto da Comunidade Autónoma para 2021, que medra un 14,9%

Valeriano Martínez presentou hoxe no Parlamento o teito de gasto non financeiro para o vindeiro ano, que ascende a 11.664 millóns de euros