Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 411 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

15/02/21 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Facenda e Administración Pública

O novo espazo Amizar da Coruña abrirá as portas antes do verán como un gran centro sanitario, administrativo e social co que a Xunta aforrará 750.000 euros ao ano en alugueiros

Vázquez Mourelle sinala que os traballos, case ao 40% de execución, consisten na rehabilitación da antiga delegación da Consellería de Sanidade para recuperala para a vida pública

05/02/21 | 12:22 | C. de Facenda e Administración Pública

Valeriano Martínez destaca o papel do Consello Económico e Social de Galicia como punto de encontro entre os axentes económicos e sociais e a Administración

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou hoxe no pleno de constitución deste organismo

03/02/21 | 20:10 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta coñece as propostas do comité de expertos económicos para avanzar na simplificación administrativa

O grupo propón habilitar incentivos fiscais no ámbito dos tributos da Comunidade Autónoma para facilitar a reactivación económica

29/01/21 | 10:20 | C. de Facenda e Administración Pública
26/01/21 | 14:11 | C. de Facenda e Administración Pública

O Parlamento galego aproba os orzamentos da Comunidade Autónoma para este ano 2021, os máis altos da súa historia

As contas acadan os 11.563 millóns e reforzan o gasto social coa cifra récord de 8.540 millóns de euros e o investimento produtivo con case 2.600 millóns

22/01/21 | 14:58 | C. de Facenda e Administración Pública

O Ministerio de Facenda volve situar a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis axiña as súas facturas en novembro

O período medio de pago en Galicia foi de 18,90 días, fronte aos 32,26 da media autonómica

02/01/21 | 11:15 | C. de Facenda e Administración Pública

O Programa Estatístico 2022 recollerá 154 estatísticas sobre territorio, poboación, sociedade, estrutura produtiva e tecnoloxía

Este é o primeiro programa do novo Plan Galego de Estatística 2022-2026, que consolida e amplía os logros dos anteriores e aposta pola calidade

30/12/20 | 18:04 | C. de Facenda e Administración Pública

O ingreso medio dos fogares galegos medrou un 4,3% en 2019 e acadou os 2.290 euros mensuais, o máis alto da serie histórica

A Enquisa Estrutural a Fogares do IGE mostra que este indicador medrou por sétimo ano consecutivo

29/12/20 | 11:41 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica hoxe a Oferta de Emprego Público da Administración Xeral para 2020, con 2.585 prazas de acceso libre

A maiores, inclúense 395 prazas para a promoción interna do persoal funcionario e outras 3.419 prazas para continuar coa funcionarización do persoal laboral fixo

23/12/20 | 16:15 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Galicia aproba a prórroga do orzamento para garantir o normal funcionamento dos servizos públicos e o pago a provedores, ata que entren en vigor as contas para 2021

Feijóo resalta tamén a aprobación, un ano máis, do complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores de pensións non contributivas da Seguridade Social e doutras prestacións semellantes