Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 411 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

21/12/21 | 14:43 | C. de Facenda e Administración Pública

O Parlamento galego aproba os Orzamentos da comunidade autónoma para o 2022, os máis altos da súa historia

As contas acadan os 11.627 millóns de euros para pasar da reactivación á recuperación económica e reforzar o crecemento san

21/12/21 | 14:38 | C. de Facenda e Administración Pública

Os Fondos Europeos de Recuperación centrarán os contidos do próximo número da revista Administración & Cidadanía da EGAP

Esta mañá reuniuse o equipo editorial da revista Administración & Cidadanía dirixida pola directora da Escola Galega de Administración Pública, Sonia Rodríguez-Campos, para aprobar os contidos do volume 16 número 2

17/12/21 | 14:22 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP reforza o plan de formación para 2022 coa incorporación de 124 novidades respecto ao ano anterior

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu esta mañá o Consello Reitor deste organismo

16/12/21 | 19:50 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta saca un novo número da Revista Galega da Administración Pública, Regap, centrado na contratación e na normativa autonómica

Esta tarde reuniuse o equipo editorial da Revista Galega de Administración Pública (REGAP) para aprobar os contidos do número 62

14/12/21 | 13:05 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia amplía ata 8 puntos o diferencial de débeda coa media autonómica, o máximo histórico

A ratio débeda/PIB de Galicia baixou 1,6 puntos con respecto ao segundo trimestre e sitúase en niveis prepandemia

09/12/21 | 13:04 | C. de Facenda e Administración Pública

O Parlamento Galego aproba a Lei do Plan galego de estatística 2022-2026

O novo Plan concíbese como un instrumento de ordenación e planificación da función estatística

04/12/21 | 09:59 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia estudará a proposta de poboación axustada remitida onte polo Ministerio de Hacienda

O Goberno central segue sen convocar o Consejo de Política Fiscal e Financiera pese á petición reiterada das comunidades

03/12/21 | 16:19 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos anuncia que a Xunta aprobará a vindeira semana o Plan xeral de prevención de riscos para a execución dos fondos Next Generation

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou na clausura dos XIV Encontros Técnicos dos OCEX 2021 organizados polo Consello de Contas de Galicia

03/12/21 | 11:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta formaliza a súa segunda emisión de débeda sostible por un importe de 500 millóns de euros

O DOG publica hoxe esta emisión de obrigacións a sete anos cun tipo de xuro do 0,26%

26/11/21 | 09:55 | C. de Facenda e Administración Pública

A economía galega creceu no terceiro trimestre un 3,2%, medio punto máis que a media española

Ademais, o PIB galego medrou un 1,4% entre os meses de xullo e setembro