Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 411 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

31/01/22 | 14:06 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia recibe do actual modelo de financiamento 800M€ anuais menos do que lle custa á Xunta financiar a sanidade, a educación e as políticas sociais

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, ofreceu unha rolda de prensa para avanzar as alegacións de Galicia á proposta de poboación axustada formulada polo Ministerio de Hacienda

28/01/22 | 17:28 | C. de Facenda e Administración Pública
24/01/22 | 18:04 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 18,27 días, oito días por debaixo da media autonómica

21/01/22 | 11:21 | C. de Facenda e Administración Pública

A Atriga pon en marcha nas súas delegacións o pago do imposto de sucesións e doazóns e do ITP-AXD a través dun TPV físico

A directora da Axencia Tributaria de Galicia, María Victoria González, explicou que o obxectivo desta actuación é facilitar aos contribuíntes o cumprimento das súas obrigas tributarias

19/01/22 | 11:42 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta cifra o subrecusto da dispersión para Galicia en maís de 500 millóns anuais

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, compareceu na Comisión non permanente especial de estudo para abordar a proposta de Galicia diante da reforma do sistema de financiamento

10/01/22 | 12:56 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 1.000 persoas aproveitaron a fin de semana de portas abertas do Espazo Amizar para coñecer o resultado das obras

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, anunciou que, ante a gran demanda de visitas, a Xunta organizará unha nova xornada de portas abertas esta fin de semana

01/01/22 | 11:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Entran en vigor os Orzamentos da Xunta para 2022, os máis altos da súa historia

As contas acadan os 11.627 millóns de euros para pasar da reactivación á recuperación económica e reforzar o crecemento san

29/12/21 | 15:15 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

O novo Plan estratéxico de Galicia prevé acadar en 2030 a converxencia plena con España en termos de renda per cápita dos fogares e reducir ao 8% a taxa de paro

Feijóo salienta que esta folla de ruta para a vindeira década ten 5 eixes prioritarios: o reto demográfico, a Galicia verde e sostible, a competitividade e o crecemento, a cohesión social e territorial e, por último, a gobernanza

22/12/21 | 16:51 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o mes de outubro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 14,84 días, case 12 días por debaixo da media autonómica