Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 411 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

23/07/22 | 10:15 | C. de Facenda e Administración Pública

A metade das empresas tecnolóxicas galegas realizan actividades innovadoras

O gasto en innovación do sector tecnolóxico en Galicia entre 2018 e 2020 ascendeu a máis de 118 millóns de euros, dos cales o 71,7% está destinado a I+D interna
 

22/07/22 | 15:04 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou o mes de maio como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 10,26 días, case doce días por debaixo da media autonómica

19/07/22 | 14:10 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reforzará a formación dos empregados públicos sobre xestión de fondos europeos e protección de datos persoais

A Escola Galega de Administración Pública informou ao seu Consello Reitor da convocatoria durante o primeiro semestre de 756 actividades formativas e 39.600 prazas, dirixidas principalmente ao persoal das administracións galegas

11/07/22 | 14:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta asina un convenio con Fademga e Down Galicia para facilitar a inclusión de persoas con discapacidade na Administración

O acordo asinado hoxe contempla accións de formación e orientación previas ao ingreso na Administración e accións de apoio ao longo da súa carreira profesional

08/07/22 | 12:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos pide ao Goberno que traballe conxuntamente coas comunidades para axilizar o reparto e a execución dos fondos europeos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou na inauguración do seminario “Europa invierte en mi región”

07/07/22 | 12:46 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos apela ao consenso parlamentario para impulsar un Plan estratéxico 2022-2030 “de todos e para todos”, reflexo dos retos e necesidades dos galegos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu no Parlamento para presentar o Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030

05/07/22 | 13:26 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

Xunta, universidades e Eurorrexión constitúen o Nodo Galicia para situar a comunidade á vangarda europea en intelixencia artificial

O Nodo promoverá a candidatura de Galicia para acoller a sede da futura Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial

03/07/22 | 10:43 | C. de Facenda e Administración Pública

O Centro Gaiástech presenta o mapa de capacidades dixitais de Galicia que conta xa con máis de 250 entidades

O Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia é un directorio de axentes tecnolóxicos de Galicia con experiencia, coñecemento e competencias dixitais, especialmente nas tecnoloxías disruptivas.

02/07/22 | 13:26 | C. de Facenda e Administración Pública

Universidades, fundacións e cámaras trasladan á Xunta a importancia dunha intelixencia artificial ética e supervisada nunha comunidade coa singularidade demográfica de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia mantén encontros con todos os grupos de interese para reforzar as opcións da nosa Comunidade para acoller a Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial

02/07/22 | 12:10 | C. de Facenda e Administración Pública

A Semana do Goberno Aberto achega o funcionamento da Xunta aos cidadáns

A Consellería de Facenda e Administración Pública organizou diferentes actividades de participación social para divulgar a actividade e obxectivos da Xunta