Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

10/11/21 | 12:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ribadavia a contribución de pemes como Viña Costeira ao incremento das exportacións galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, puxo en valor o esforzo da compañía pola busca de novos mercados, apoiándose en iniciativas como o Galicia Exporta Dixital

10/11/21 | 12:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia de contar neste contexto de transformación dixital coa confianza de empresas líderes no sector TIC como SoftwareOne

Pon en valor que escollera Galicia e apostase por Galicia para instalar un dos dous novos centros de servizos para toda Europa

09/11/21 | 14:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende nas Pontes que a innovación e a sostibilidade deben ir da man para que a industria e as pemes teñan novas oportunidades

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no municipio coruñés na iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia

09/11/21 | 12:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a oportunidade que ofrece a dixitalización na mellora competitiva das pemes pontevedresas

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe en Pontevedra as instalacións de Activiza, empresa que traballa na formación no ámbito do envellecemento activo e que ten impulsado a dixitalización de todos os seus procesos académicos

09/11/21 | 12:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta colaborará cos concellos de Cerceda, A Laracha, Ordes, Tordoia e Carral na presentación de proxectos que opten ás axudas de transición xusta

A Xunta acaba de asinar os protocolos correspondentes para as zonas de Transición Xusta das Pontes e de Meirama, logo de que o Goberno aceptase incluír o concello de Ferrol nesta delimitación

09/11/21 | 11:02 | C. de Economía e Industria

‘Camiño da innovación’ desprázase o xoves a Ordes para achegar as oportunidades de innovar ás pemes da comarca

O tráiler da iniciativa estará situado na praza do Concello e nel ofrecerase asesoramento experto individualizado e formación a medida

08/11/21 | 19:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta constata coa industria electrointensiva a necesidade de que o Goberno tome medidas contundentes para rebaixar o prezo da electricidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde unha reunión coa Asociación de Empresas de Gran Consumo de Enerxía (AEGE), na que coincidiron en que a crise enerxética está derivando nunha situación industrial insostible

08/11/21 | 14:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia un total de 63 proxectos galegos de fabricación de materiais de protección contra a covid-19 que mobilizaron 12,7 millóns de euros

A meirande parte das iniciativas impulsadas polo Goberno galego pertencen á provincia de Pontevedra e suman un investimento de 4,2 millóns de euros

08/11/21 | 14:27 | C. de Economía e Industria

'Camiño da Innovación' desprázase mañá Ás Pontes para achegar as oportunidades de innovar ás pemes locais

As Pontes é unha das primeiras paradas das 18 que percorrerá un tráiler polas catro provincias galegas nos meses de novembro e decembro

08/11/21 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta destinará 1 M€ a consolidar o aproveitamento lúdico das augas termais galegas

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá o concello de Bande para comprobar as actuacións que se están realizando dentro do convenio asinado entre as dúas administracións en materia termal