Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

13/11/21 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 6,4 millóns de euros a promover 11 proxectos colaborativos que impulsarán a innovación nas pemes galegas

As axudas do programa Conecta Hubs, dirixidas especialmente a pequenas e medianas empresas, contribuirán a fortalecer a base económica de Galicia e impulsar un tecido produtivo máis dixitalizado, innovador e sustentable, mellorando a súa competitividade

13/11/21 | 11:18 | C. de Economía e Industria

As III Xornadas Artesanía no Prato impulsarán a colaboración do sector coa gastronomía e o deseño

A Xunta organiza o 21 e 22 de novembro na Cidade da Cultura este encontro dirixido a profesionais da hostalería e da restauración, o comercio e a decoración

12/11/21 | 12:09 | C. de Economía e Industria

‘Camiño da innovación’ desprázase o luns a Caldas de Reis para achegar as oportunidades de innovar ás pemes da contorna

Trátase da sexta parada das 18 que fará o tráiler polas catro provincias galegas nos meses de novembro e decembro

12/11/21 | 12:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que o uso da madeira na construción beneficia o monte, a industria e o consumidor final

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participa en Santiago nas XI Xornadas Arquitectura e Deseño, organizadas polo Clúster da Madeira en colaboración coa Administración autonómica

11/11/21 | 17:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes da comarca de Ordes a innovar para ser máis competitivas e chegar a novos mercados

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe no municipio coruñés de Ordes na iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer toda Galicia a través de 18 paradas

11/11/21 | 17:17 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor os avances das novas tecnoloxías para mellorar a saúde e os coidados das galegas e galegos

Francisco Conde apunta que Galicia destaca por ser un dos polos biotecnolóxicos máis activos a nivel nacional, con 127 empresas que dan emprego a preto de 1.900 profesionais, e unha destacada presenza no ámbito da medicina

11/11/21 | 14:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña a aposta da empresa lucense Cerna por optimizar a xestión forestal a través da innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou a compañía, que puxo en marcha un plan de innovación co apoio do programa InnovaPeme, que lle permitiu ampliar e mellorar a súa carteira de servizos

10/11/21 | 17:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes da comarca da Coruña a innovar para ser competitivas e medrar

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Bergondo na iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia

10/11/21 | 13:20 | C. de Economía e Industria

Conde advirte de que a solución en Alcoa só será posible se existe unha implicación real e efectiva do Goberno e a empresa

Volve insistir en que sen un prezo eléctrico competitivo será imposible atopar un comprador viable para Alcoa porque carece do escenario enerxético necesario para presentar as súas ofertas

10/11/21 | 12:21 | C. de Economía e Industria

Galicia dispón de 37M€ para promover as enerxías renovables, o autoconsumo e o almacenamento enerxético

O Diario Oficial de Galicia publicou a convocatoria de 17,2M€ dirixida a particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas que abre hoxe o prazo de adhesión para as entidades colaboradoras