Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

17/11/21 | 13:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima na Estrada ás pemes e microempresas galegas, especialmente do rural, a apostar pola innovación para chegar a novos mercados

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no municipio pontevedrés na iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia

16/11/21 | 15:08 | C. de Economía e Industria
16/11/21 | 14:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta difunde as vantaxes de innovar entre as pemes da comarca do Xallas a través da iniciativa 'Camiño da innovación'

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Santa Comba neste proxecto que está a percorrer toda Galicia para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas situadas fóra dos núcleos urbanos

16/11/21 | 13:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta presenta en Noia a nova campaña para achegar á mocidade as claves da factura eléctrica e o consumo responsable

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, e a xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, Sol Vázquez, participaron no IES Campo de San Alberto nunha xornada para estudantado de 4º da ESO e FP Básica

16/11/21 | 13:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a aposta das pemes da provincia de Lugo polos novos mercados como factor clave da súa mellora competitiva

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou hoxe a empresa cárnica Atilano Anllo, que está a incrementar as súas vendas no exterior grazas ao programa Galicia Exporta Dixital

15/11/21 | 17:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes da comarca de Caldas a innovar para ser competitivas e medrar

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe no municipio pontevedrés na iniciativa Camiño da Innovación, que inclúe 18 paradas por toda Galicia

15/11/21 | 14:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que a alianza entre Gradiant e EnergyLab suporá un impulso á industria intelixente e sostible

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Vigo na presentación desta colaboración, que permitirá desenvolver solucións innovadoras integrando a intelixencia artificial coa enerxía e a sostibilidade

15/11/21 | 13:11 | C. de Economía e Industria

O CIS tecnoloxía e deseño abre ao público unha exposición sobre a relación entre os materiais e a natureza

A mostra Arquivo da Matéria Viva, que fai a súa primeira parada en Galicia procedente de Portugal, permanecerá en Ferrol ata o 26 de novembro

15/11/21 | 11:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Vigo a importancia da industria do envellecemento activo como sector de actividade con gran potencial de crecemento

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na inauguración da xornada ‘Silver Economy, a oportunidade do futuro’, onde puxo en valor o apoio do Goberno galego a esta industria a través da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3)

14/11/21 | 11:32 | C. de Economía e Industria

Galicia contará cun investimento de 19,6 M€ para seguir avanzando no Polo de Tecnoloxías Cuánticas, na biotecnoloxía aplicada á saúde e nas ciencias mariñas

A través destes plans complementarios de I+D+i do Estado asinados esta semana, Galicia terá a oportunidade de crear sinerxías con outras comunidades e coordinar as distintas capacidades para seguir modernizando a súa economía e transformando o modelo produtivo