Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

20/11/21 | 11:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon a disposición da Universidade de Vigo o laboratorio de Metroloxía para facilitar a formación práctica, sobre todo, do alumnado de enxeñaría aeroespacial de Ourense

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de asinar un acordo de colaboración coa Universidade para poñer en marcha un programa de prácticas académicas

19/11/21 | 18:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por unha modernización do sector comercial galego baseada na dixitalización e a sustentabilidade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, interveu no congreso organizado pola Federación Galega de Comercio sobre a situación actual do sector e as súas perspectivas de futuro

19/11/21 | 14:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a carpintería da estrada Tec Model como exemplo de emprendemento na economía circular

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitaron hoxe esta compañía que se dedica ao deseño e fabricación de mobles e outros obxectos de madeira

19/11/21 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta fomenta a colaboración da biotecnoloxía con outros sectores clave como o agroalimentario para aumentar a súa competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Santiago de Compostela na apertura do bioalmorzo ‘Creando marca a través da innovación’, organizado polo clúster Bioga co apoio do Goberno galego

19/11/21 | 12:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende que o obxectivo da política industrial para lograr unha transición xusta pasa por xerar novas oportunidades a través da innovación e o diálogo social

Conde apostou por unha industria sostible baseada no talento e a innovación, dous dos eixos prioritarios nos orzamentos do Goberno galego para o próximo ano, que destinan 276M€ a impulsar o ecosistema de I+D+i

19/11/21 | 12:49 | C. de Economía e Industria

Galicia sitúase como a terceira comunidade en percepción de oportunidades para emprender

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa en Lugo no acto de presentación do Informe GEM, que destaca tamén que a taxa de actividade emprendedora das mulleres é do 56,5%, fronte ao 43,5% no caso dos homes

18/11/21 | 21:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o grupo Zendal é un bo exemplo de que Galicia reúne as capacidades necesarias para integrarse no Perte de medicina personalizada

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe en Vigo aos II Premios Internacionais Zendal, onde agradeceu ao grupo farmacéutico e aos galardoados o traballo realizado, especialmente desde o inicio da pandemia

18/11/21 | 21:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia en Pontevedra a incorporación da Artesanía de Galicia ao traballo dos novos talentos da moda galega

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou o premio á ‘Colección con maior valor artesanal’, durante o desfile Debut 21, que se celebrou esta tarde no Pazo de Congresos

18/11/21 | 20:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta na Coruña a importancia de impulsar fórmulas alternativas de financiamento para apoiar as empresas na súa recuperación e transformación

O director do Igape, Fernando Guldrís, e o director de XesGalicia, Rubén Aguión, participaron na Xornada ‘Financiación Alternativa’ no Club Nordés

18/11/21 | 15:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta difunde as vantaxes de innovar entre as pemes de Ponte Caldelas a través da iniciativa `Camiño da Innovación´

A directora da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia, Patricia Argerey, participou hoxe no municipio pontevedrés neste proxecto no que se contou coa experiencia de Algas Atlánticas Algamar e Kiwi Atlántico