Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

24/11/21 | 10:29 | C. de Economía e Industria

Idoia Cuesta, Santiago Besteiro e Edita Rodríguez Oca compiten polo Premio Artesanía de Galicia 2021

Os obradoiros que dirixen estes tres artesáns en Outeiro de Rei, Monterroso e Santiago de Compostela son os finalistas na categoría principal dun certame co que a Xunta de Galicia busca estimular o traballo de creación dos artesáns galegos, recoñecer a súa mellora continua e contribuír ao seu desenvolvemento

23/11/21 | 14:35 | C. de Economía e Industria

Borgwarner e CTAG mobilizan preto de 10M€ co apoio da Xunta para avanzar na mobilidade sostible

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación da nova Unidade Mixta de Investigación (UMI) na que colaboran a empresa e o centro tecnolóxico, centrada na xestión térmica dos vehículos eléctricos

23/11/21 | 12:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel das comunidades enerxéticas locais na aposta polo autoconsumo e a redución da factura enerxética

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, interveu, esta mañá, nun webinario informativo sobre as axudas en materia de autoconsumo e almacenamento enerxético, financiadas con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ás que a Xunta reserva 31,3M€

23/11/21 | 11:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ribadavia a importancia de acompañar ás pemes do rural cara a innovación para aumentar a súa competitividade

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá no concello ourensá na parada que realizou a iniciativa Camiño da Innovación, que está a percorrer 18 concellos de Galicia

22/11/21 | 17:33 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a cociña de vangarda atopa na Artesanía de Galicia un factor de diferenciación

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu hoxe na Cidade da Cultura ás xornadas profesionais Artesanía no Prato, que buscan establecer novas sinerxías coa restauración, a decoración ou a organización de eventos

22/11/21 | 16:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia unha viaxe institucional a México para abrir novas posibilidades de negocio ás empresas galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa esta semana nunha misión plurisectorial no marco do Plan Foexga, que impulsa o Goberno galego en colaboración coas cámaras de comercio para favorecer a internacionalización de pemes e autónomos

22/11/21 | 13:45 | C. de Economía e Industria

'Camiño da innovación' chega esta semana á provincia de Ourense para trasladar as oportunidades de innovar ás pemes locais

Nos vindeiros días, a iniciativa fará parada nas localidades de Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Xinzo de Limia e A Veiga, nas que ofrecerá asesoramento experto individualizado, formación a medida e casos de éxito de pequenas e medianas empresas innovadoras

22/11/21 | 12:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon a unidade mixta de investigación de Pemade e Finsa como exemplo de boas prácticas para promocionar a construción en madeira

Conde destacou que esta alianza é a proba de que a I+D+i aplicada ao sector forestal pode contribuír non só ao reto da transición ecolóxica, senón tamén a dar valor engadido a toda a cadea monte-industria, especialmente ás pemes

21/11/21 | 12:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 25 proxectos de pemes e microempresas galegas que incorporan o deseño aos seus procesos produtivos

A convocatoria de DeseñaPeme, que mobilizará ao redor de 3M€, permitirá mellorar a capacidade de innovación e sustentabilidade de 12 empresas de Pontevedra, seis de Ourense, catro da Coruña e dúas de Lugo

20/11/21 | 11:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta concede 5 M€ a preto de 800 comerciantes e obradoiros artesanais para impulsar a dixitalización e modernización dos seus negocios

Os apoios económicos da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa a Innovación diríxense ao desenvolvemento de máis de 2300 actuacións, entre as que se inclúen implantación e actualización de páxinas web, mellora da imaxe dixital, introdución de ferramentas de marketing 4.0 e loxística dixital