Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

10/01/22 | 18:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía con Sernauto a oportunidade que supón o perte de automoción para o sector en Galicia

Á espera de coñecer cando abre o Goberno a convocatoria de axudas, esta xuntanza é importante á hora de identificar as actuacións que se poden deseñar desde o ámbito autonómico para complementar a candidatura galega

08/01/22 | 12:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia un proxecto liderado por Utingal para a reutilización de residuos na industria aeronáutica

Trátase dun dos 11 proxectos apoiados a través do programa Conecta Hubs aos que a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), destina un total de 6,4M€

07/01/22 | 11:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa nas Vegas unha misión comercial para abrir novas vías de negocio ás empresas galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, encabeza a delegación galega que participa estes días no Consumer Electronic Show, a feira máis importante de electrónica de consumo no mundo

06/01/22 | 11:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a contratación de 15 doutorandos industriais que realizarán a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos galegos

Cunha axuda total de preto de 1,9 M€, a convocatoria que vén de resolverse permitirá seguir apostando polo talento e a creación de emprego de calidade

05/01/22 | 10:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta facilita formación sobre comercio electrónico a máis de 400 pemes e autónomos no marco do novo escenario poscovid

O curso FÓRMAT-e retoma o vindeiro día 13 a súa actividade cun webinario centrado na interpretación eficaz da tecnoloxía para a venda en liña

04/01/22 | 10:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre este mes o prazo de solicitudes para acceder ás axudas do Renove Automoción

Os galegos e galegas poderán pedir os apoios, de ata 4600 euros por vehículo no caso de familias numerosas, a partir do 17 de xaneiro

03/01/22 | 10:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa axudas por 2M€ para impulsar proxectos de emprendemento non agrícola no rural

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a nova convocatoria do programa Galicia Emprende Rural, que ten por obxectivo apoiar 70 novas iniciativas empresariais

30/12/21 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta e Red Española de Asociaciones de Diseño colaborarán na divulgación do uso da madeira galega como elemento para o deseño

O acordo, asinado a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), enmarca a exposición FSWD/Identidade e Territorio, que permanece aberta ao público no Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, ata o 30 de xaneiro

30/12/21 | 12:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta demanda un compromiso claro por parte do Goberno e de Alcoa que garanta a reactivación da planta de San Cibrao canto antes

Conde asegura que esta reunión deixa unha imaxe para a reflexión porque é “unha mala noticia” que a única planta en España que produce aluminio primario pare a súa produción

28/12/21 | 13:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola formación como clave para preparar o sector naval ante o novo escenario de transformación dixital e sustentable

O Goberno galego está a intensificar os contactos con colectivos e sectores para avanzar na Axenda Galega de Capacidades para cuxo deseño convocará nove mesas a partir de xaneiro, das que unha representará o sector naval e o da pesca