Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

14/01/22 | 14:06 | C. de Economía e Industria

A nova Estratexia RIS3 de Galicia buscará romper o teito de cristal da innovación para as pemes e os sectores tradicionais

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou no II Foro RIS3, centrado no proceso de elaboración da nova Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, que estará vixente ata 2027

13/01/22 | 19:04 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta
13/01/22 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o comité de empresa de Alu Ibérica reforzan a súa colaboración para buscar unha alternativa industrial para a fábrica da Coruña

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, presentoulle aos representantes dos traballadores e ao administrador concursal o caderno de vendas elaborado pola Administración autonómica coa cooperación dun equipo de técnicos da propia planta

12/01/22 | 15:12 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a Galicia como potencia exportadora ao superar por 5º ano consecutivo os 20.000 M€ e sitúa as relacións con Iberoamérica como claves para a reactivación

Sinala a posta en marcha desde a Xunta da Estratexia para a Internacionalización das Empresas galegas (2021-2025) co obxectivo de apostar pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores, incrementando a presenza de Galicia especialmente fóra da Unión Europea

12/01/22 | 13:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola cooperación cos concellos lucenses para lograr un desenvolvemento eólico sustentable

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, xunto co delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo hoxe un encontro con alcaldes e representantes de municipios lucenses no que informou do proceso de tramitación dos proxectos eólicos

12/01/22 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta garante o cumprimento estrito dos requisitos urbanísticos, ambientais e técnicos exixidos para toda a actividade que se desenvolva en San Finx

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con concellos da zona, na que tamén participaron as Consellerías de Infraestruturas e do Mar, para avaliar a situación actual

12/01/22 | 12:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa en Miami a presenza das empresas galegas en Estados Unidos para seguir a incrementar as exportacións a este mercado

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantén distintos encontros con representantes de institucións e empresas nos que avanza na planificación das seis misións comerciais que se levarán a cabo este ano en EEUU no marco do Plan Foexga e co apoio da Antena do Igape en Miami

12/01/22 | 11:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta ten á disposición das familias galegas as axudas do bono eléctrico para garantir a subministración nos fogares máis vulnerables

A Administración autonómica, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, destina a estes apoios 1,9M€

12/01/22 | 11:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello da Gudiña comparten a súa aposta por un desenvolvemento eólico ordenado e respectuoso co medio ambiente

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co rexedor do municipio ourensán, José María Lago, no que o informou sobre a situación das iniciativas que se están a presentar relativas a este concello

11/01/22 | 13:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende en Ourense a transparencia e a cooperación institucional como garantes dun desenvolvemento eólico sustentable

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, xunto co delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, mantivo hoxe un encontro informativo con alcaldes e representantes de municipios ourensáns