Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

19/01/22 | 12:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora co Concello do Irixo no impulso á venda en liña de produtos agroalimentarios locais

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na presentación do novo marketplace a través da cal pode adquirirse pan, mel, lácteos, carne e outros artigos de produtores e comercios locais

19/01/22 | 12:04 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que Biegal representa a dobre aposta que Galicia está facendo polas enerxías renovables e a valorización da cadea monte-industria

Co apoio da Xunta a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), esta empresa está a traballar na posta en marcha dunha planta de estelado e na implantación de tecnoloxía para a mellora dos procesos produtivos

19/01/22 | 09:47 | C. de Economía e Industria

Abre o prazo de adhesión das entidades colaboradoras que participarán na xestión das axudas da Xunta para proxectos de biomasa destinados aos fogares galegos

Os apoios da Vicepresidencia económica, a través do Inega, favorecerán a mobilización de 3,75 millóns de euros e a creación de 37 empregos

18/01/22 | 19:45 | C. de Economía e Industria

O Polo Aeroespacial 2025 sela un dos seus primeiros grandes fitos coa adxudicación por 12,75 M€ do proxecto de simulación avanzada para a xestión do tráfico aéreo

O vicepresidente económico da Xunta de Galicia, Francisco Conde, mantivo un encontro co director xeral do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI), Javier Ponce, no que se abordou esta nova iniciativa que estará rematada a mediados de 2023

18/01/22 | 13:18 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a fábrica de fibras téxtiles como un proxecto "determinante" para Galicia, o futuro da moda sostible e para o sector da madeira

Incide na importancia de acertar con proxectos tractores que melloren a competitividade da nosa economía, o tecido industrial instalado e que nos anticipe ao futuro económico mundial

18/01/22 | 11:45 | C. de Economía e Industria

A comarca da Coruña conta con 14 concesionarios adheridos ao programa Renove Automoción co que se poden obter descontos de ata 4600 euros por vehículo

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá as instalacións de Breogán Motor en Oleiros, unha das entidades que participa na convocatoria

17/01/22 | 13:00 | C. de Economía e Industria

Conde sinala que o Plan de Mobilidade Sostible da Ribeira Sacra demostra o compromiso co vehículo eléctrico desta comarca e de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou en Sober na presentación da iniciativa

17/01/22 | 11:02 | C. de Economía e Industria
16/01/22 | 11:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta entrega o vindeiro 24 de xaneiro os II Premios Galicia de Innovación e Deseño para recoñecer o labor de profesionais e empresas

Os galardóns, convocados pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Industria a través da Axencia Galega de Innovación, distinguen a profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño

15/01/22 | 08:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con 2,5 M€ o labor de 91 asociacións de comerciantes a prol da competitividade do sector

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das axudas para centros comerciais abertos, asociacións de praceiros e federacións