Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

23/01/22 | 12:30 | C. de Economía e Industria
22/01/22 | 13:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o concello de Palas de Rei reforzan a súa colaboración para impulsar o emprendemento no municipio

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co rexedor deste municipio lucense, Pablo Taboada, no que abordaron asuntos como a nova edición do espazo coworking que se vai desenvolver na localidade

21/01/22 | 16:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta ponse a disposición de Distribuciones Carreiras para que poida recuperar a súa actividade o máis axiña posible

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe a nave desta empresa de Cervo que onte se viu afectada por un incendio

21/01/22 | 14:55 | C. de Economía e Industria

A xerente de Galicia Calidade reúnese con empresas ourensás que contan coa marca de garantía para coñecer as súas achegas e inquedanzas

Ana Méndez, que asumiu o cargo recentemente, mantivo un encontro con responsables dos establacementos hosteleiros Restaurante A Taberna, Restaurante El Coto, Bar Tamarindo e Restaurante A Carballeira

21/01/22 | 12:41 | C. de Economía e Industria

Conde salienta en Chantada o potencial do rural galego para xerar emprego e industria

Co apoio da Xunta, no polígono industrial acometéronse obras por valor de 1,1M€ para mellorar a subministración eléctrica e ampliar a EDAR, favorecendo, así, a chegada de novas empresas

21/01/22 | 11:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a través do programa Ignicia a chegada ao mercado de tecnoloxía innovadora dos laboratorios de Diversa

A inicaitiva permitiulles non só transformar unha tecnoloxía innovadora nunha empresa de base tecnolóxica, senón tamén a incorporación de persoal de alto nivel e a atracción de distribuidores e investidores

20/01/22 | 16:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza 11 novos coworking para dar continuidade a estes espazos que axudaron a impulsar máis de 700 proxectos emprendedores ata o de agora

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Igape, renova o convenio coa Escola de Organización Industrial (EOI) para promover unha nova edición deste programa que permite acelerar a xeración de empresas e crear emprego, especialmente entre os máis mozos, no ámbito rural galego

20/01/22 | 15:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta lamenta que España deixe de producir aluminio primario por non contar cun prezo eléctrico competitivo

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, asistiu esta mañá en Madrid á reunión da comisión de seguimento de Alcoa San Cibrao

20/01/22 | 13:07 | C. de Economía e Industria

Galicia supera en 2021 o récord histórico de exportacións sumando máis de 23.000 millóns entre xaneiro e novembro e á espera da cifra de decembro

Nos once primeiros meses do ano pasado, as vendas ao exterior da Comunidade incrementáronse un 22,2% con respecto a 2020, ata o punto de que as exportacións galegas marcan xa un novo récord e suman, entre xaneiro e novembro de 2021, máis de 23.000 millóns

19/01/22 | 13:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía coa Autoridade Portuaria da Coruña proxectos que contribúan a impulsar a transición enerxética

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, reuniuse esta mañá na Coruña co presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado