Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

31/01/22 | 13:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta considera que Vitalmar é un exemplo da aposta que a cadea de valor mar-industria está realizando pola innovación e a economía circular

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá as instalacións que a empresa ten en Castro de Rei

29/01/22 | 10:51 | C. de Economía e Industria

Galicia activa máis de 8 millóns de euros para a mellora dos parques empresariais

A Xunta abre o prazo de solicitude para acceder ás axudas destinadas a modernizar as infraestruturas, que incorporan como novidade a posibilidade de instalar servizos de subministración de gas e hidróxeno; a implantar viveiros industriais e a liña para reforzar as redes de distribución eléctrica

29/01/22 | 10:07 | C. de Economía e Industria

Conde e o alcalde do Irixo avanzan en novos proxectos para apoiar os emprendedores e empresarios locais

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde do municipio ourensán, Manuel Cerdeira, no que destacaron a oportunidade que suporá o novo ‘coworking’ impulsado polo Igape para dinamizar a economía da Mancomunidade do Carballiño

28/01/22 | 14:37 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo expón a colaboración público-privada como clave para acadar a consolidación do sector biotecnolóxico galego, reter talento e impulsar a economía

Refírese á iniciativa Cancer Innova como un bo exemplo desta aposta, que aliña a ciencia coas necesidades da industria para facer fronte aos retos médicos presentes e futuros

28/01/22 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A nova xerente de Galicia Calidade visita empresas de Arnoia, o Carballiño e Maside que contan co certificado de garantía

Ana Méndez mantivo encontros cos responsables de ‘Bodegas Nairoa’, ‘Confitería Cerviño’ e ‘Nor-Ibérica de Bebidas’ nos que lles trasladou as principais liñas de traballo para este ano e escoitou as súas inquedanzas e propostas

27/01/22 | 21:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a contribución dos premios AJE Ourense na construción dunha Galicia en positivo

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asegurou na entrega dos galardóns que o tecido empresarial está dando mostras da súa capacidade de resistencia e de adaptación aos cambios

27/01/22 | 16:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia o nomeamento de Martina Aneiros como delegada territorial en Ferrol e incide no compromiso da Xunta coa comarca tras investir máis de 80 M€ en 2021

Anuncia que Ferrol Vello será a sexta Área Rexurbe da Comunidade con máis de 105.000 metros cadrados de superficie, 269 edificios e algo máis de 1.000 vivendas

27/01/22 | 13:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Nigrán a importancia de incorporar talento mozo ás actividades de I+D+i

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa nigranesa de impresión 3D Dativic, especializada na implantación da fabricación aditiva na industria

27/01/22 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa máis de 40 proxectos na provincia de Lugo co programa Galicia Emprende Rural

O director do Igape, Fernando Guldrís, acompañado polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias, visita en Palas de Rei Eme Inversia, empresa especializada en deseño e impresión que, grazas a este programa, adquiriu a tecnoloxía necesaria para que o cliente poida deseñar á medida a colección que necesite

26/01/22 | 14:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello do Porriño avalían novas vías de colaboración para impulsar o comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou a localidade para manter un encontro co alcalde, Alejandro Lorenzo