Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

07/02/22 | 12:47 | C. de Economía e Industria

Conde destaca a aposta que están a facer a Xunta e as universidades galegas polas enerxías renovables

Apunta que as novas instalacións do campus de Ourense, que mobilizaron máis de 925.000 euros, contan co apoio da Xunta a través dunha orde de axudas que abriu especificamente para impulsar a eficiencia enerxética nas universidades públicas de Galicia

07/02/22 | 10:25 | C. de Economía e Industria

Galicia reduce as tarifas da Inspección Técnica de Vehículos en preto dun 1,5% para este ano 2022

O acordo alcanzado pola Xunta coa concesionaria supón evitar que os consumidores teñan que asumir o incremento do IPC -do 6,5% en 2021-, ao mesmo tempo que permite encadear dous exercicios consecutivos de baixadas nos prezos

06/02/22 | 13:46 | C. de Economía e Industria

Galicia mobiliza 13,6 M€ para impulsar a transformación dixital de máis de 200 pemes galegas

A Xunta achega preto de 7M€ en axudas para facilitar a modernización e a mellora da súa competitividade, promovendo investimentos en equipos e software

06/02/22 | 12:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta e os clústeres da madeira, a lousa e o granito avalían novas vías de colaboración para impulsar estes materiais autóctonos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro cos representantes destas organizacións empresariais para buscar sinerxías na utilización destes produtos sostibles en eidos como a construción

05/02/22 | 14:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás asociacións de veciños, mulleres rurais e comunidades de augas a solicitar as axudas de 3M€ para mellorar as instalacións e os equipamentos destas entidades

As subvencións financian obras de mellora e equipamento, cun límite de 12.000 euros no primeiro caso e 5.000 no segundo

As entidades teñen ata o luns 14 de febreiro para presentar as súas solicitudes
 

05/02/22 | 12:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a figura de Ovidio Cadenas pola capacidade que tivo para facer da unión como unha constante da colectividade galega en Madrid

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participaron en Alcobendas na homenaxe póstuma a Ovidio Cadenas, que presidiu a Federación de Asociacións Galegas en Madrid

04/02/22 | 14:42 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza a Axenda de impulso da industria forestal 2022-2024 que mobilizará preto de 140 millóns co obxectivo de modernizar este motor da economía rural

Resalta que esta estratexia contará con catro eixes de actuación: para impulsar a formación dos traballadores; mellorar o ecosistema de innovación; favorecer a competitividade, promoción e diversificación; e fomentar a cooperación entre sectores

04/02/22 | 13:44 | C. de Economía e Industria

Artesanía de Galicia colabora na elaboración do novo agasallo institucional do Concello de Boiro

Na presentación participaron a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, e a artesá Elena Ferro, Premio Nacional de Artesanía 2019 e encargada de deseñar e elaborar estas pezas promocionais

03/02/22 | 14:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta anuncia a súa adhesión a unha iniciativa europea para avanzar na mobilidade urbana do futuro a través da innovación

A Urban Mobility é un proxecto do Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) integrada por máis de 130 axentes de 20 países dos ámbitos industrial, académico, científico-tecnolóxico e autoridades locais e rexionais