Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

12/03/22 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a aceleradora Galicia Avanza, que desde a Tecnópole especializarase na internacionalización das pemes innovadoras

Este novo programa, ao que se destinan 2,24 millóns de euros, porá o foco no fortalecemento no exterior de solucións innovadoras tanto de produtos como de servizos no menor tempo posible para posicionar o tecido empresarial galego no mercado global

12/03/22 | 10:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co concello de Aranga medidas para o impulso da actividade industrial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde, Alberto Platas, no que coincidiron sobre a importancia de impulsar o solo empresarial

11/03/22 | 14:05 | C. de Economía e Industria

Galicia disporá de 12,3 M€ máis para desenvolver o programa de I+D do Polo Aeroespacial de Galicia

Este investimento obtido pola Xunta a través do Plan Complementario de Biodiversidade súmase aos 40M€ de fondos propios xa comprometidos na Estratexia Aeroespacial 2021-2025

11/03/22 | 11:27 | C. de Economía e Industria

A segunda edición da aula gastronómica Galicia Calidade bota a andar en Pontedeume cun showcooking de Álvaro Villasante

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron á demostración que ofreceu o cociñeiro para unha vintena de estudantes do CIFP Fraga do Eume

11/03/22 | 09:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora coa universidade Carlos III de Madrid na formación de expertos en dereito da competencia

O Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) vén de asinar un convenio coa institución académica para a realización de prácticas externas

10/03/22 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta apoiou con máis de 860.000 € a 23 empresas da comarca de Santiago para promover as vendas no exterior a través de ferramentas dixitais innovadoras

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor visitou a empresa Cultura Urbana Shop, unha das beneficiarias o ano pasado das axudas de Galicia Exporta Dixital

10/03/22 | 16:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que a nova Ris3 será clave para seguir avanzando na modernización do sector alimentario

Destaca que a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia contribuirá á transformación sustentable e tecnolóxica deste sector estratéxico para a Comunidade

10/03/22 | 14:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta e A Acia de Foz destacan a importancia de incentivar as vendas no comercio de proximidade

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación da campaña organizada pola entidade para fomentar as compras

10/03/22 | 14:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que Smartiago permite xa avanzar na prestación de servizos innovadores á cidadanía de Santiago

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou xunto con responsables do Concello de Santiago algunhas das actuacións realizadas dentro desta iniciativa que conta co apoio da Administración autonómica

10/03/22 | 10:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta continúa coas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas orientadas ao sector aeroespacial

Mais de 100 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO do CPR A Inmaculada de Lugo participan este mes de marzo nas visitas ao Centro de Investigación Aeroportada (CIAR) e ao Parque Tecnolóxico e Industrial de Rozas