Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

23/03/22 | 13:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa 2 M€ para favorecer a renovación de electrodomésticos nos fogares galegos

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá en Santiago de Compostela un dos 437 establecementos adheridos a esta iniciativa

22/03/22 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias sitúa ao naval vigués como panca da recuperación económica e exixe que se teña en conta o seu peso no reparto dos fondos europeos Next Generation

A delegada territorial visitou hoxe as instalacións da empresa viguesa Rodman Polyships en Meira e coñeceu o traballo que a diario desenvolven unhas 160 persoas

21/03/22 | 15:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia en San Cibrao das Viñas os encontros enerxéticos cos que se pretende avanzar cara a unha Galicia máis verde e competitiva

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou nesta xornada centrada en autoconsumo e renovables térmicas, na que participaron Coren, Finsa e a Universidade de Vigo

21/03/22 | 15:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta advirte de que a inacción do Goberno pon cada día máis difícil a recuperación económica do tecido empresarial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta que na conferencia sectorial para abordar as consecuencias económicas da guerra en Ucraína non se concretaron por parte do Executivo central medidas específicas para o transporte, os sectores afectados e as familias

21/03/22 | 14:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes de Beade a iniciar o camiño da innovación para gañar en competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Beade no último encontro -na provincia de Ourense- da iniciativa Camiño de futuro

21/03/22 | 13:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola transformación dixital para garantir a competitividade e a internacionalización do tecido empresarial galego

O director do Igape, Fernando Guldrís, inaugura un webinario sobre o programa Galicia Exporta Dixital, aberto á presentación de solicitudes ata o vindeiro 27 de abril e que ofrece a pemes e autónomos ferramentas dixitais innovadoras para promover as súas vendas no exterior

21/03/22 | 11:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta xa ten en execución 84 millóns de euros de fondos públicos no Polo Aeroespacial 2025

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta que a colaboración co Consorcio Aeronáutico Galego é unha peza fundamental na Estratexia do Polo Aeroespacial para os próximos anos

19/03/22 | 16:31 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a misión comercial a Colombia permite a Galicia afianzar a internacionalización da súa economía con acordos de colaboración no naval, tic e aeroespacial

Resalta que foi unha viaxe na que se puido constatar que o interese por estreitar lazos de colaboración entre Galicia e Colombia é recíproco, tanto a nivel económico como cultural

18/03/22 | 13:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o obradoiro compostelán de percusión tradicional Sanín reflicte o vínculo entre turismo, artesanía, tradición e innovación

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá este taller artesán localizado ao pé do Camiño Francés, especialmente coñecido polos deseños das súas pandeiretas

18/03/22 | 13:07 | C. de Economía e Industria

Galicia ve no Polo de Tecnoloxías Cuánticas unha oportunidade para que a innovación contribúa á recuperación sostible e dixital

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou en Madrid na presentación do Plan complementario de I+D+i en comunicacións cuánticas, que suporá un investimento de 9,6M€ en Galicia