Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

27/03/22 | 12:23 | C. de Economía e Industria

Galicia recibe dez manifestacións de interese para impulsar novos centros de fabricación avanzada

As achegas prodúcense tras a invitación do Goberno galego a empresas e operadores económicos a propor proxectos concertados como parte do deseño dunha liña de axudas que se activará a través do Igape ao abeiro da Axenda Industria 4.0

26/03/22 | 12:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta permanece en contacto cos sectores máis afectados para coñecer a súa situación e avaliar novas medidas

O director do Igape, Fernando Guldrís, mantivo esta semana distintos encontros con representantes de Ceaga e do Clúster do Deporte para estudar as súas necesidades no contexto económico actual

25/03/22 | 12:28 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que apostar pola innovación significa blindar o futuro e a competitividade da industria galega

Afirma que a recuperación económica ten que sustentarse na colaboración público-privada, a fórmula coa que o tecido industrial galego, co apoio da Xunta, opta aos fondos europeos Next Generation

25/03/22 | 12:14 | C. de Economía e Industria

Unha delegación peruana visita a Axencia Galega de Innovación para coñecer experiencias de valor na xestión da I+D+i

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, recibiu a 15 persoas da rexión de Tacna, que se interesaron pola Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia e as diferentes accións da Xunta para impulsar a innovación

24/03/22 | 21:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por impulsar a innovación desde a colaboración público-privada para consolidar unha Galicia máis verde e dixital

Os II Premios á innovación galega recoñecen o labor da Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica (Amtega) polo servizo á cidadanía, e tamén lle foron outorgados a Eezon, Jealsa e Abanca

24/03/22 | 12:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a aposta de Galicia por un emprendemento innovador capaz de “achegar un produto novidoso sobre a base do talento, a dixitalización e a formación”

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa na entrega dos Premios Emprendedor XXI impulsados por Caixabank e Enisa, no que resulta gañadora a empresa Innogando, creadora dun sistema de monitorización e xestión de gando no exterior

23/03/22 | 20:31 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide velar pola fortaleza da automoción galega con baixadas de impostos nos hidrocarburos e con medidas para actuar ante o desabastecemento industrial

Demanda diálogo para que se desenquiste canto antes o paro do transporte e a axilización dos fondos de recuperación Next Generation

23/03/22 | 18:42 | C. de Economía e Industria

A Aula Gastronómica Galicia Calidade chega ao CIFP Compostela cunha master class do chef Yayo Daporta

Unha vintena de estudantes do centro asistiron á demostración culinaria do cociñeiro e Estrela Michelín, que elaborou un menú de inspiración mariñeira

23/03/22 | 14:11 | C. de Economía e Industria

Conde asegura que a industria electrointensiva non pode esperar máis por un prezo eléctrico que garanta a viabilidade de empresas como Alu Ibérica

Destaca que o Goberno segue sen poñer sobre a mesa un marco enerxético competitivo que permita que se poida seguir producindo aluminio primario en España

23/03/22 | 13:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta empraza as pemes de Mos a iniciar o camiño da innovación para ser máis competitivas e mellorar

O obxectivo desta iniciativa é difundir os instrumentos de apoio ás empresas galegas e potenciar a competitividade e o crecemento do tecido empresarial galego