Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

30/03/22 | 13:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala en Lalín a aposta por seguir avanzando na transformación dixital do tecido produtivo para que “a innovación estea ao alcance de todos”

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou na capital do Deza nunha nova etapa da iniciativa Camiño de futuro, que realizará un total de 14 encontros por toda a xeografía galega para difundir os instrumentos de apoio ás empresas, así como dar a coñecer casos de éxito empresariais

30/03/22 | 12:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que Galaxy-Lab contribuirá a que a Cidade das TIC sexa un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou as instalacións que albergarán esta infraestrutura da Cidade das TIC

30/03/22 | 10:12 | C. de Economía e Industria

O chef Héctor López presenta os produtos de Galicia calidade ao alumnado do CIFP Manuel Antonio de Vigo

O cociñeiro realizou un obradoiro co estudantado das quendas de mañá e tarde no marco da iniciativa Aula Gastronómica Galicia Calidade

29/03/22 | 18:20 | C. de Economía e Industria

Galicia e Andalucía coinciden en que o futuro do sector forestal pasa por impulsar o desenvolvemento sostible e tecnolóxico

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con representantes da Junta de Andalucía, empresarios e investigadores da Universidade de Granada

29/03/22 | 14:08 | C. de Economía e Industria

Conde destaca a oportunidade que os fondos europeos representan para impulsar unha mobilidade terrestre e marítima sostibles

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Vigo, xunto coa delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, nun encontro enerxético centrado na mobilidade

29/03/22 | 13:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga pola transformación dixital e a innovación como factores máis influentes na mellora competitiva das pemes galegas

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou en Sanxenxo nunha nova etapa da iniciativa Camiño de futuro, que realizará un total de 14 encontros por toda a xeografía galega para difundir os instrumentos de apoio ás empresas, así como dar a coñecer casos de éxito empresariais

29/03/22 | 11:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada o seu apoio ás empresas afectadas polo incendio no polígono de Mos para que poidan recuperar a súa actividade canto antes

A Xunta, a Asociación de Empresarios de Mos, o Concello e as empresas afectadas constitúen un grupo de traballo para ir “identificando e salvando” cada unha das necesidades que se presenten

28/03/22 | 17:41 | C. de Economía e Industria

Galicia celebra os días europeos da artesanía difundindo a riqueza e singularidade do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe en Santiago o espazo de Creativas Galegas, que se suma coa organización de diferentes talleres a esta celebración que ten lugar ata o próximo 3 de abril

28/03/22 | 12:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Confederación de Empresarios de Lugo colaboran na posta en marcha de dous puntos de asesoramento a pemes en Ribadeo e Monforte de Lemos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Lugo na presentación deste proxecto, Conecta Lugo

28/03/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o compromiso da fábrica de pellets de Brión Ecowarm coa sustentabilidade e a innovación

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, acompañou ao alumnado da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra que visitou a empresa para coñecer de preto o seu proceso produtivo