Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

01/04/22 | 14:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por impulsar un ecosistema emprendedor capaz de conxugar innovación, dixitalización e sustentabilidade

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou en Vigo no “Startup Congress Galicia 2022”, onde puxo en valor a importancia de emprender “tomando a creatividade e o talento como punto de partida e a tecnoloxía como ferramenta clave”

01/04/22 | 09:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os Premios Artesanía de Galicia 2022 para recoñecer a traxectoria e o talento do sector artesán galego

O Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000 euros, está destinado a unha obra ou colección realizada por un obradoiro artesanal; o Premio Traxectoria, de carácter honorífico, é un recoñecemento do sector á experiencia na práctica ou na divulgación dun oficio; e a Bolsa Eloy Gesto está dotada con 4.000 euros para a formación dun profesional que non supere os 40 anos de idade

31/03/22 | 16:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta agradece o labor dos consellos económicos e sociais españois por promover acordos desde a unidade e o consenso para facer fronte a este contexto excepcional

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, inaugurou en Santiago o Encontro anual destes organismos

31/03/22 | 15:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a creación dun novo fondo de capital risco centrado nas ciencias da vida que se suma ao obxectivo de consolidación da biotecnoloxía galega

Argerey apuntou a importancia da colaboración público-privada no impulso á competitividade do tecido produtivo e, en consecuencia, da economía galega

31/03/22 | 15:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta o proxecto Enredadas en Granada no marco dos días europeos da Artesanía

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, fala no Centro de Referencia Nacional de Artesanía desta iniciativa para a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas, e a artesá Rosa Rodríguez realizará unha demostración de nós mariñeiros

31/03/22 | 14:49 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza que a Axenda da Industria Forestal mobilizará 140 M€ para aumentar a facturación do sector ata os 2.700 M€ anuais e acadar os 25.000 empregos en 2024

As accións incluídas nesta Axenda súmanse aos proxectos propostos na candidatura galega aos fondos europeos Next Generation, como a fábrica de fibras téxtiles sostibles ou o proxecto Tech Madeira

31/03/22 | 12:46 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade entrega o certificado de garantía á marca Berberecho de Noia

A xerente do organismo dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, Ana Méndez, visitou hoxe a lonxa de Testal para entregar a acreditación