Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

06/04/22 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que as F-110 son un proxecto vital para Ferrolterra e apela á colaboración para conseguir nova carga de traballo para Navantia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta como obxectivo común seguir avanzando cara ao estaleiro 4.0, con infraestruturas pendentes como o dique seco

06/04/22 | 10:49 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a Lei de simplificación administrativa abre as portas ao investimento en Galicia, con máis garantías e menos obstáculos

Apunta que, desde o primeiro ano de aplicación desta normativa, a Xunta conseguiu rebaixar en 17 días o prazo de emisión de informes para a resolución de trámites empresariais

05/04/22 | 17:26 | C. de Economía e Industria

A directora da Axencia Galega de Innovación achega as oportunidades que ofrecen as carreiras científico-tecnolóxicas a estudantes do CPI de Guntín

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acompañou nunha mentoría a un grupo de cinco estudantes do centro lugués dentro do proxecto EduReferentes, impulsado pola Xunta e Executivas de Galicia

05/04/22 | 11:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a aposta pola internacionalización da compañía de Boqueixón PSVET

O director do Igape, Fernando Guldrís, visita esta consultoría veterinaria especializada no control da calidade hixiénico-sanitaria do leite, que está a impulsar un proxecto no marco do Galicia Exporta Dixital

05/04/22 | 11:16 | C. de Economía e Industria

O Bono Enerxía Peme abrirá mañá o prazo de solicitude para impulsar o aforro e a eficiencia en pemes e autónomos

Convocado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), destínanse dous millóns de euros para melloras de envolvente, iluminación, instalacións eléctricas e equipamentos no comercio, a hostalería, as actividades artístico-recreativas e outros servizos

05/04/22 | 10:17 | C. de Economía e Industria

Aberto o prazo para participar na aceleradora de internacionalización de pemes Galicia Avanza

A Xunta de Galicia e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) poñen en marcha este programa, no que poderán inscribirse ata 30 empresas galegas

04/04/22 | 17:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Bilbao que o desenvolvemento da eólica mariña debe garantir a súa compatibilidade coa pesca e a preservación do ecosistema

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou nunha mesa redonda organizada pola Comisión do Arco Atlántico da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas e a WindEurope Conference

04/04/22 | 13:25 | C. de Economía e Industria

A xerente de Galicia Calidade subliña en Lobios a contribución da marca de garantía á promoción dos produtos galegos

Ana Méndez, responsable do organismo dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, fixo unha exposición dos preto de 30 anos de traxectoria do selo autonómico no encontro transfronteirizo Gastrolimia

02/04/22 | 11:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta licitará en 34.600 euros a redacción do proxecto de ampliación do polígono industrial da Pontenova

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembra que existe unha partida de 124.000 euros para iniciar as obras este mesmo ano