Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

08/04/22 | 17:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a tarifa eléctrica en colaboración con concellos de toda Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe no Grove nunha charla dentro deste programa que ten previstas xa visitas a unha trintena de municipios e que está a disposición de todas as entidades locais que o soliciten

08/04/22 | 15:51 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Galicia aproba a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) ata 2027 co obxectivo de acadar unha mobilización público-privada de preto de 5.000 M€

Feijóo sinala que o obxectivo é triplicar no 2027 a porcentaxe de empresas innovadoras, tanto en produto como en proceso

08/04/22 | 15:43 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia que a Xunta facilitará financiamento ás estacións de servizo para que poidan afrontar os adiantos da bonificación dos 20 céntimos por litro decretada polo Goberno

Explica que se articulará a través dun convenio entre Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras no que se avalarán operacións por un máximo de 80 millóns de euros

08/04/22 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia de atraer e reter talento para consolidar a innovación como eixo de crecemento económico

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou en Noia na iniciativa Camiño de futuro, onde avanzou a nova convocatoria do programa Talento Sénior, que prevé atraer a Galicia 14 profesionais de alta cualificación cunha experiencia mínima de cinco anos

07/04/22 | 13:31 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade destaca a aposta pola excelencia das empresas certificadas Patatas Conde (Xinzo) e Quesos Feijoo (Celanova)

A xerente do organismo dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, Ana Méndez, mantivo encontros cos responsables destas compañías que contan con selo de garantía autonómico para coñecer as súas propostas

07/04/22 | 13:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por fortalecer a competitividade da minaría galega a través da innovación e a formación

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Santiago de Compostela na apertura da Asemblea Xeral da Cámara Oficial Mineira

07/04/22 | 13:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia da colaboración público-privada no impulso á transferencia de coñecemento na biotecnoloxía galega

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou o interese da iniciativa ‘Mind the Gap’ da Fundación Botín para impulsar a consolidación do sector

06/04/22 | 21:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña a importancia de "activar as pancas de crecemento necesarias" para facer fronte ao momento actual

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa en Madrid na entrega do XV Premio Victoriano Reinoso, que a Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (Aegama) concede a Manuel Carrero López, presidente do Grupo Previsión Sanitaria Nacional

06/04/22 | 16:55 | C. de Economía e Industria

O cociñeiro Xoán Crujeiras achega ao alumnado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra os produtos de Galicia Calidade

A quinta cita da Aula Gastronómica Galicia Calidade consistiu nun showcooking do chef do Restaurante Bido (A Coruña) ante unha vintena de estudantes

06/04/22 | 13:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes da Costa da Morte a innovar para ser máis competitivas e medrar

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Vimianzo no encontro Camiño de futuro, unha iniciativa que realizará un total de 14 paradas por toda a xeografía galega para difundir os instrumentos de apoio ás empresas, así como dar a coñecer casos de éxito empresariais