Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

13/04/22 | 20:05 | C. de Economía e Industria

Trenor destaca o papel da Mostra do Encaixe como plataforma de divulgación e de renovación do oficio

A Xunta colabora habitualmente neste encontro que está consolidado como un im-portante escaparate da marca Artesanía de Galicia e un dinamizador económico da zona e do sector artesán galego

13/04/22 | 12:30 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon á disposición das estacións de servizo galegas unha liña de financiamento para facer fronte ás rebaixas no prezo do combustible

A Xunta inclúe esta medida dentro do Plan de Choque que aprobou para facer fronte ao actual contexto económico porque o Goberno central vén de poñer en marcha ese desconto sen facilitar un mecanismo de pagamento deses adiantos

13/04/22 | 10:06 | C. de Economía e Industria

Máis de 400 profesionais en Galicia melloran as súas competencias en internacionalización dixital

A iniciativa da Xunta de Galicia, na que participaron traballadores de empresas galegas de todos os sectores, englobou tanto cursos especializados como seminarios e webinarios con representantes de marketplaces como Alibaba ou Amazon

12/04/22 | 14:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa aos consumidores de Noia sobre as claves da factura da luz

A xerente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC), Sol Vázquez, participou nunha charla no Casino noiés na que se achegou asesoramento sobre este servizo básico que afecta a toda a cidadanía

12/04/22 | 13:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa en muros obradoiros de bordado, estampaxe e pintura sobre madeira para achegar a Artesanía de Galicia á sociedade

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou hoxe no Muíño das Mareas do Pozo do Cachón os talleres gratuítos e sen necesidade de inscrición previa que se celebran ata este venres en colaboración co concello muradán

12/04/22 | 09:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta firma coas Sociedades de Garantía Recíproca os convenios para activar as liñas de financiamento que permiten ás gasolineiras facer fronte aos descontos que ofrecen aos seus clientes

Esta medida, enmarcada dentro do Plan de Choque autonómico, busca apoiar ás estacións de servizo galegas mentres non cobran os anticipos comprometidos polo Goberno central

11/04/22 | 13:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima en Arzúa a que as pemes aposten pola innovación, a dixitalización e a sostibilidade como elementos de diferenciación e competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, participaron na xornada Camiño de futuro, que está a difundir en 14 localidades galegas os instrumentos de apoio ás empresas cos que conta a Administración autonómica

10/04/22 | 12:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece formación online aos profesionais da marca Artesanía de Galicia

A Administración autonómica pon á súa disposición 105 prazas de formación especializada en márketing dixital, fotografía, deseño e presenza dixital, a través de cinco cursos que se desenvolverán entre abril e maio

09/04/22 | 12:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta mobiliza 7,2M€ para dar continuidade á aceleradora do sector aeronáutico BFAero con dúas novas edicións

O obxectivo é fortalecer o posicionamento internacional das empresas participantes e promover así a creación, aceleración e consolidación de pemes innovadoras na cadea de valor da industria aeroespacial de Galicia

09/04/22 | 12:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a posta en valor dos oficios artesanais en muros durante a Semana Santa

Artesanía de Galicia realizará entre o 11 e o 15 de abril tres obradoiros abertos a todos os públicos sobre bordado, estampaxe manual e pintura sobre madeira