Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

19/04/22 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega ao tecido empresarial de Ortigueira as vantaxes da innovación, a dixitalización e a sustentabilidade

 Conde lembra que desde hoxe xa está aberta a convocatoria do programa InnovaPeme e que, a partir do vindeiro venres, xa se poderá solicitar a liña de axudas DeseñaPeme

19/04/22 | 11:17 | C. de Economía e Industria

Aberto o prazo de solicitudes para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores da industria e servizos

Cun orzamento de cinco millóns de euros, agárdase mellorar a competitividade empresarial a través dun aforro económico anual de 3,7 millóns de euros, mobilizar un investimento de 12,5 millóns e crear ou manter 170 empregos

19/04/22 | 10:55 | C. de Economía e Industria

Arrancan en Galicia 11 novos espazos coworking, onde xa se levan consolidado preto de 400 empresas e máis de 600 postos de traballo

Esta rede de apoio ao emprendemento que a Xunta leva desenvolvendo desde hai seis anos da man da Escola de Organización Industrial (EOI) celebra este ano a súa sexta convocatoria co dobre de espazos cos que botou a andar en 2016

18/04/22 | 14:54 | C. de Economía e Industria

Arias invita ás empresas a apoiarse no Bono Enerxía Peme da Xunta para mellorar a eficiencia enerxética dos seus negocios

O delegado territorial de Lugo visitou hoxe un dos establecementos da empresa Pan e Panaderías de Ousá, beneficiaria das achegas na pasada edición

18/04/22 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello de Coirós colaboran no impulso ao emprendemento e o investimento empresarial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con Francisco Quintela, alcalde do municipio coruñés, que conta co distintivo de Concello Emprendedor

18/04/22 | 11:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca as axudas do programa Innovapeme para que as pemes e microempresas galegas aumenten a súa capacidade innovadora

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta liña de apoios á que destinará 2,8 millóns de euros

14/04/22 | 11:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza unha nova edición do concurso Eduemprende Idea para fomentar o espírito empresarial entre o estudantado galego

Os galardóns diríxense ás persoas matriculadas nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño