Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

25/04/22 | 14:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con catro fondos de investimento que teñen permitido captar xa 9 M€ en Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Vigo as instalacións da start-up Bizaway, unha das empresas apoiadas a través do fondo Mundi Ventures

25/04/22 | 13:05 | C. de Economía e Industria

O encontro Corazón da Artesanía regresa a Agolada do 8 ao 10 de xullo como punto de encontro dos oficios artesanais

O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presentaron esta mañá a novena edición do encontro, na que participarán máis de 35 artesáns de diferentes oficios e unha trintena de expositores de produtos de alimentación

25/04/22 | 12:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o labor do centro tecnolóxico Aimen como un aliado estratéxico dos principais sectores industriais de Galicia

    O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou no Porriño as instalacións deste centro de referencia a nivel nacional e europeo en tecnoloxías de procesado láser e no eido da fábrica intelixente

24/04/22 | 10:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia en Ferrol un ciclo de xornadas de difusión de materiais innovadores para a sustentabilidade e a economía circular

O primeiro taller, que se celebrará de forma presencial e en liña, está aberto á inscrición e terá lugar o 28 de abril no CIS Tecnoloxía e Deseño

23/04/22 | 13:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel da feira de maquinaria e artesanía de Cospeito na dinamización da economía local

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou na inauguración do encontro, que durante toda a fin de semana reunirá máis dun cento de expositores

23/04/22 | 10:20 | C. de Economía e Industria

O programa Renove Automoción da Xunta xa supera as 1200 solicitudes recibidas

O Goberno galego ampliou a principios de semana o orzamento destinado a este programa ata alcanzar os 4,5 millóns de euros

22/04/22 | 14:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta dá a coñecer o CIS tecnoloxía e deseño de Ferrol a estudantes de secundaria do CPI Pecalama de Tordoia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, acompañou a alumnos de 3º e 4º de ESO nunha visita a este centro no marco do programa EduTecEmprende

22/04/22 | 13:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece a súa colaboración ao tecido empresarial para reforzar a súa competitividade no actual contexto económico

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia na que subliñou as distintas liñas de apoio do instituto para este ano, baseadas na innovación, no emprendemento, no financiamento e na internacionalización

22/04/22 | 13:20 | C. de Economía e Industria

A Xunta ofrece o seu apoio a Distribuciones Pako para que poida recuperar a súa actividade canto antes

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou as instalacións desta empresa do Porriño que sufriu o pasado mércores un incendio que afectou á nave central