Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

28/04/22 | 14:46 | C. de Economía e Industria

Galicia solicita ao Goberno a participación do tecido económico e das Comunidades Autónomas nos fondos europeos Next Generation para axustar estes apoios á realidade de cada sector e territorio

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Madrid, á Comisión Xeral das Comunidades Autónomas, na que se abordou a situación actual dos fondos europeos Next Generation

28/04/22 | 12:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 19 plans de internacionalización de empresas de Pontevedra e o Salnés cun investimento de máis de 700.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, informa do programa Galicia Exporta Dixital nunha visita á empresa Quival-Frutos Secos El Nogal

28/04/22 | 12:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ao tecido empresarial da Coruña dos programas e actuacións en marcha para mellorar a súa competitividade

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) sobre os fondos europeos Next Generation onde destacou o impulso que suporá a Cidade das TIC para facer da Coruña un polo tecnolóxico e de innovación dixital de referencia

27/04/22 | 18:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta no Salón do Automóbil de Vigo a necesidade de xerar oportunidades tanto para a propia industria como para o consumidor

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, sinalou na inauguración do encontro que as diferentes administracións deben traballar xuntas para impulsar un sector tan estratéxico como o da automoción

27/04/22 | 15:15 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta declarará iniciativa empresarial prioritaria o proxecto dunha planta de metanol verde en Mugardos que contará cun investimento de máis de 130 millóns de euros

Salienta que esta planta, coa que se crearán 120 empregos, non só redundará no uso de biocombustible senón que suporá unha oportunidade para xerar riqueza na contorna, atraendo novos investimentos

27/04/22 | 11:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa ás pemes lucenses das distintas liñas de apoio habilitadas para reforzar a competitividade empresarial no actual contexto económico

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou por vía telemática nunha xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) sobre os fondos europeos Next Generation na que destacou o impulso que suporía para a provincia a posta en marcha en Palas de Rei do complexo de fibras téxtiles de Altri

26/04/22 | 17:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende a importancia de deseñar medidas para a promoción do uso da madeira na construción

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou esta tarde en Madrid nunha mesa redonda no marco do encontro Rebuild 2022 onde expuxo as medidas e accións do Goberno galego

26/04/22 | 16:42 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo valora a decisión empresarial de Altri de elixir Palas de Rei como a mellor localización posible para o complexo de fibras téxtiles, “o proxecto Next Generation máis importante” da candidatura galega aos fondos europeos

Salienta que con esta decisión, froito da análise técnica exhaustiva por parte da empresa, dáse un paso fundamental para avanzar neste proxecto, cumpríndose así coa solicitude feita de xeito unánime polo Parlamento galego para que a fábrica se asentase na provincia de Lugo

26/04/22 | 12:47 | C. de Economía e Industria

Galicia mobilizará 5.000 M€ para facer da sustentabilidade, a dixitalización e as persoas os eixes das súas políticas de I+D+i

Conde explica que, con respecto á anterior RIS3, esta nova estratexia crece tanto en obxectivos como en recursos por exixencias do contexto de transformación enerxética e dixital que apremia a facer unha aposta aínda maior pola I+D+i