Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

02/05/22 | 13:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve necesario que o Goberno central traballe da man do tecido empresarial e das autonomías para facer unha xestión útil dos fondos europeos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, e a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participaron esta mañá nunha xornada de AJE Galicia sobre fondos Next Generation e axudas para autónomos e pemes

02/05/22 | 11:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre ata o 4 de xullo a convocatoria dos III Premios Galicia de Innovación e Deseño

Os galardóns, convocados a través da Axencia Galega de Innovación, supoñen o recoñecemento de profesionais e empresas referentes no desenvolvemento económico e social de Galicia a través da innovación e o deseño

01/05/22 | 12:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta recibe 240 solicitudes de pemes e autónomos galegos para promover plans de internacionalización en máis de 80 países

A convocatoria do Galicia Exporta Dixital achegará apoios de entre 18.000 e 100.000 euros aos beneficiarios na procura de facilitar as vendas no exterior a través de ferramentas dixitais innovadoras

30/04/22 | 18:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña a aposta pola creatividade e o talento do concurso infantil "Deseña unha xoia para a túa nai"

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron á cerimonia de entrega dos galardóns da iniciativa organizada polo Colexio Oficial de Xoiería na que se reta os máis pequenos a debuxar a xoia que lles gustaría regalar no Día da Nai

30/04/22 | 12:27 | C. de Economía e Industria

A Xunta suma a través do programa ReAcciona case 600 solicitudes para impulsar proxectos que melloren a competitividade das pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución da primeira convocatoria das tres lanzadas este ano, para facilitar o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización ou a innovación

29/04/22 | 21:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel de Ourense Centro na dinamización do sector comercial da cidade

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu á Shopping Night organizada por este centro comercial aberto

29/04/22 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a UMI Navantia-UDC contribúe coas súas solucións tecnolóxicas a avanzar na construción das fragatas F-110 e a traballar polo futuro de Navantia Ferrol

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá en Ferrol ao peche desta Unidade Mixta de Investigación (UMI) centrada no estaleiro do futuro

29/04/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza unha nova edición do coworking da Mariña que ten permitido ata o de agora impulsar más de medio cento de proxectos empresarias na provincia

O director do Igape, Fernando Guldrís, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou hoxe o espazo coworking que se desenvolve no Centro Comarcal Maeloc de Mondoñedo e que suma seis anos levándose a cabo, de xeito ininterrompido, da man da Escola de Organización Industrial (EOI)

28/04/22 | 15:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza un investimento de arredor de 120 M€ en proxectos clave para Santiago como as ampliacións do CHUS e de San Caetano ou a aposta por unha mobilidade sostible

Salienta que a ampliación do CHUS, que contará cun investimento de 70 M€, permitirá ampliar nun 30% a superficie actual do hospital

28/04/22 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a colaboración cos centros comerciais abertos para continuar avanzando na dinamización do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantivo un encontro con representantes de asociacións de comerciantes de toda Galicia para informalos das novidades do programa de axudas por 2,25 M€ para este ano