Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

19/05/22 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

A Xunta inviste preto de 40.000 euros no curso de mantemento e montaxe mecánica que se imparte no Centro de Formación Profesional Ocupacional de Ferrol

Un total de 12 alumnos participan nesta acción formativa coa que obterán un certificado de profesionalidade de nivel 2

19/05/22 | 11:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a CEL organizan en Monforte xornadas informativas sobre as axudas para o turismo e o comercio

Enmárcanse nas actividades da oficina Conecta Lugo, instalada na localidade para asesorar a emprendedores e pemes do sur da provincia

18/05/22 | 16:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta participa na posta en valor do Camiño de Inverno cunha intervención artística nunha alvariza

Este proxecto, que se desenvolverá entre o 23 de maio e o 3 de xuño, abordará a pegada da ruta xacobea na contorna do municipio de Quiroga cunha proposta artística da artista Lucía Loren, onde as alvarizas se interpretan como vestixios do patrimonio material e inmaterial

18/05/22 | 16:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a construción dun viveiro empresarial en Val do Dubra cunha axuda de 240.000 euros

Trenor explicou que a creación de viveiros industriais de empresas está dirixida aos novos empresarios para poñer en marcha as súas primeiras etapas de actividade

18/05/22 | 14:34 | C. de Economía e Industria

Galicia e Colombia afianzan as vías de colaboración en sectores estratéxicos como o naval e o TIC

A xuntanza prodúcese en resposta á misión comercial que o pasado mes de marzo a Xunta encabezou a Colombia acompañando a medio cento de empresas e clústeres galegos

17/05/22 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A nova plataforma dixital España Artesana destaca o traballo de 31 obradoiros de Artesanía de Galicia

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu esta mañá en Madrid ao acto de presentación da iniciativa impulsada pola Asociación Contemporánea de Artes e Oficios

16/05/22 | 12:03 | C. de Economía e Industria

O programa ReAcciona apoia máis de 330 proxectos que melloran a competitividade das pemes galegas

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución da segunda convocatoria das tres lanzadas este ano, cuxas iniciativas sumarán, de modo conxunto, preto de 3M€ para facilitar o acceso a servizos de alto valor engadido co apoio de expertos en ámbitos como o desenvolvemento estratéxico, a profesionalización, a dixitalización ou a innovación

13/05/22 | 18:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta continúa poñendo ao servizo das persoas o coñecemento adquirido no polo aeroespacial

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación en funcións, Francisco Conde, asistiu a unha xornada de presentación da licitación por 6,5 millóns de euros para seguir incorporando novas solucións innovadoras con vehículos non tripulados aos servizos públicos

13/05/22 | 11:58 | C. de Economía e Industria

Martina Aneiros lembra a empresas e autónomos de Ferrolterra que as axudas do Bono Enerxía Peme 2022 poden solicitarse ata o 14 de xullo

Aneiros informou que estes apoios poderán financiar ata o 80% do investimento da actuación cun límite máximo de 6.000 euros

13/05/22 | 11:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a mellora da eficiencia enerxética na planta de Alcoa San Cibrao

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, avanzou hoxe que o Goberno galego vén de conceder unha axuda de 985.000 euros que permitirá reducir na fábrica o consumo inicial en preto dun 3%