Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2395 novas da C. de Economía e Industria:

23/05/22 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que unha das finalidades da estratexia naval é aproveitar as oportunidades que se van xerar ao redor da innovación, a sustentabilidade e o talento

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, reuniuse esta mañá con representantes de Aclunaga e Asime en Vigo para avanzar na Estratexia naval 2022-2026

22/05/22 | 14:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa unha nova liña de axudas directas para microempresas e pemes co obxectivo de reforzar a súa aposta pola innovación

O novo programa Bonos de Innovación contribuirá a que as beneficiarias realicen actividades de innovación que poidan levarse a cabo de maneira inmediata e repercutan directamente na capacidade para dar resposta aos retos actuais do tecido empresarial

22/05/22 | 14:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta inicia un ciclo de encontros en liña con novos talentos do deseño referentes a nivel internacional

As Conversas en rede comezan o 31 de maio co obxectivo de explorar as novas tendencias do deseño aplicadas á innovación e á sustentabilidade

21/05/22 | 09:34 | C. de Economía e Industria

Convocada a nova liña de apoio á consolidación das pemes do sector biotecnolóxico que lles permitirá gañar tamaño a través da innovación

Consolida Bio, dotada con tres millóns de euros, cubrirá tanto investimentos produtivos e tecnolóxicos como actividades de innovación de pequenas e medianas empresas do sector biotecnolóxico con menos de oito anos de antigüidade

20/05/22 | 14:21 | C. de Economía e Industria

Galicia ve nos fondos europeos unha oportunidade para a transformación industrial a partir da innovación, a sustentabilidade e a dixitalización

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Vigo na clausura do II Foro industrial de fondos europeos de recuperación, organizado por Asime

20/05/22 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa axudas por 265.000 euros para impulsar a comercialización nacional e internacional do produto artesán galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, presentaron esta mañá en Santiago os apoios para a organización e a participación en feiras

19/05/22 | 14:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca na inauguración de Funergal o papel de Expourense na dinamización económica da provincia

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou a 11ª Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, que reúne hoxe e mañá a 65 expositores de sete países diferentes

19/05/22 | 14:09 | C. de Economía e Industria

O chef Adrián Felípez pecha no CIFP Paseo das Pontes da Coruña a segunda edición da aula gastronómica Galicia Calidade

A iniciativa levou por nove centros de hostalería galegos a profesionais da restauración que contan co selo de Galicia Calidade para introducir ao alumnado nos produtos que contan con este certificado

19/05/22 | 13:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon a disposición de empresas e expositores o novo pavillón do Ifevi tras investir 7,3 M€

Marta Fernández-Tapias visitou o recinto feiral despois de que os traballos de ampliación concluísen coa construción do Pavillón 5